A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de presentar a iniciativa Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico que comprende case 4.500 quilómetros de percorridos organizados en catro tipos distintos de sendas.
O proxecto, elaborado polo Instituto de Estudos do Territorio, inclúe 56 etapas na Senda dos Faro, 109 itinerarios con valores naturais, 76 camiños con valores patrimoniais e 25 rutas con valor panorámico.
Nese sentido, a Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico presentada hoxe recolle catro tipos de itinerarios, ente os que destaca a Senda dos Faros. Segundo explicou a conselleira, trátase dunha estratexia deseñada dentro do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, que agora se concretar no trazado específico dun percorrido.
Para o deseño desta senda litoral tívose en conta os elementos necesarios para a navegación mariña, polo que no só se identificaron os faros, senón tamén torres, balizas, elementos xeográficos e outras construcións. Trátase dun percorrido orixinal de 1.315 km que se divide en 56 etapas, das cales tres son insulares.
Nesta rede aglutínanse os tres tipos de itinerarios que reflicten os valores paisaxísticos que recolle o Catálogo das Paisaxes de Galicia: naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais e estéticos e panorámicos.
Pódeche interesar: Muíños do Folón e do Picón: 300 anos de historia en pedra e auga
Así, entre os primeiros, destacan máis de 130 itinerarios que suman 1.400 km -sen contar os que coinciden dentro do grupo da Senda dos Faros- e para a súa identificación tívose en conta a existencia de Áreas de Especial Interese Paisaxístico, zonas de especial protección dos valores naturais, árbores e formacións senlleiras, áreas recreativas, lugares de interese xeolóxico e miradoiros. Os segundos son os itinerarios asociados aos valores culturais ou patrimoniais, que constitúen un total de 76 itinerarios ao longo de 707 km, dos cales 292 km (38 itinerarios) están vinculados a elementos declarados Ben de Interese Cultural, e outros 415 km (38 itinerarios) a unha elevada densidade de bens do patrimonio cultural.
Por último, tamén se definen máis de 1.000 km das rutas identificadas por Turismo de Galicia na publicación Escenarios ao volante. 25 rutas insólitas polas mellores paisaxes, que están directamente relacionadas cos valores estéticos e panorámicos definidos no Catálogo das paisaxes. A diferenza dos dous tipos de itinerarios anteriores, estas rutas discorren polas estradas e poden ser percorridas en automóbil.
Pódeche interesar: Descubre rutas de sendeirismo en Vigo
Na área de Vigo atópanse as sendas Casco Antigo-Monte do Castro en Vigo (1,31km), Monte Vixiador (Trasmañó-Trasmañó -1,86km), Serra do Galiñeiro en Zamáns (10,4 km), Senda do río Eifonso en Bembrive (4,56km), do Monte Cepudo ao Monte Aloia (19,8 km), Ruta arqueolóxica de Couso entre Gondomar e Tomiño (9,24 km), Senda dos Faros entre Vigo e Panxón (23,45km), Senda dos Faros entre Panxón e Portosenín (23,88 Km), Senda dos Faros Portosenín-A Guarda (17,70 km), Senda dos Faros nas Illas Cíes (12,65km), Senda dos Faros A Guarda-Ponte da Amizade-Goián (22,86 Km), Serra da Groba no Val Miñor (6,38 Km), Oia - Monte de Mendes - Pedornes (9,04 km), Altos do Rosal (Folón-Folón) (16,66km), uta arqueolóxica de Couso (9,24km), Serra do Galleiro (Nespereira - 10,20km), Senda dos Faros Cangas-Arcade (29,50 km), Senda dos Faros O Igrexario-Cangas (29,10 km), de Cabo Udra a Cabo Home (18,40 km). Podes consultar un a un cada un dos sendeiros a través deste mapa elaborado pola Xunta de Galicia.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL