En 1137 Tui converteuse durante unhas horas no epicentro político da vella Europa coa sinatura do Pacto de Tui, no que se establecía a paz entre España e Portugal marcando a fronteira entre os dous países. Hoxe, 881 anos despois, o concello tudense está decidido a celebrar tal efeméride poñendo en valor a relevancia histórica do municipio cunha festa que una de novo as dúas beiras do Miño.
O concello baixomiñoto celebrará dous concertos da man de Sondeseu e da cantora lusa Teresa Salgueiro, voces galegas e portuguesas para conmemorar unha amizade que hoxe derribou de novo as fronteiras coa constitución da Eurocidade. Ambos os dous concertos comezarán as 22:30 horas, do venres, 6 de xullo e o sábado, día 7.
O venres 6 de xullo a cita será cos vigueses de Sondeseu na rúa Compostela. O concerto de música folk será o segundo da xira de presentación do seu quinto traballo, Beiralúa, e unha das poucas oportunidades, polo de agora, para poder desfrutar do mesmo.
Segundo explicou Xaquín Xesteira, membro da orquestra, este novo traballo conta ademais con pezas encargadas “a prestixiosos compositores como Xosé Lois Romero, Quico Comesaña ou Pedro Lamas”.
Sondeseu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. Dende os seus inicios, a formación especializouse na produción de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia que son levados a concertos ao vivo nos que se celebra o noso patrimonio oral á vez que se integra coa modernidade.
Pola súa parte, o sábado 7 de xullo, tamén na rúa Compostela, será o momento no que a música lusa encha o escenario tudense da man da cantora Teresa Salgueiro. A que fora voz do grupo Madredeus, chegará a Tui co seu “o horizonte e a memória” onde Salgueiro presenta a mellor tradición musical de Portugal.
A lisboeta é unha figura chave no panorama musical do país veciño dende que en 1987, con soamente 17 anos, iniciara a sua carreira profesional con Madredeus, con quen gravaría nove discos como vocalista.
No seu concerto na celebración do Pacto de Tui, Salgueiro levará aos asistentes a través dun percorrido intimista, máxico, por veces escuro e sempre emotivo.
A iniciativa parte do goberno municipal co gallo de empregar a “música como elemento de fusión entre dúas culturas, que parten da mesma raíz, a galaico-portuguesa”, nas verbas do concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría.
A celebración busca, segundo o alcalde, Carlos Vázquez Padín, que “Tui conte cunha gran celebración no verán” á vez que se “pon en valor e de manifesto unha efeméride como o Pacto de Tui”. “Moi poucas cidades en Europa poden presumir de que se asinase nesa cidade un pacto de gran relevancia histórica”, explicou.
A cita, que estivo durante meses no aire á falta de aprobación dos orzamentos, e que finalmente se financiará a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, celebra os acordos de amizade entre os primos Afonso Henriques e Afonso VII. Co Pacto de Tui estableceuse con claridade a formación da fronteira política no río Miño entre Galicia e Portugal, sinalando así que o percorrido final do río Miño forme a fronteira máis antiga de Europa.
Aínda que ambos dous concertos son totalmente de balde, o Concello de Tui decidiu incorporar urnas nos accesos á zona de concertos, a través da rúa Mondoñedo e Betanzos, para que todos aqueles que o desexen poidan depositar unha doazón solidaria a favor dos afectados da explosión do almacén pirotécnico ilegal de Paramos, que afectou a decenas de familias.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL