A vixésima edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto quedou oficialmente inaugurada nun acto que incluíu a preestrea en Galicia da película de Jaione Camborda, O Corno, gañadora da Cuncha de Ouro na 71º edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián.
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo, deron a benvida ás persoas asistentes á sesión inaugural e presentaron esta nova edición dun festival xa consolidado no panorama internacional e referente cultural da cidade compostelá.
Goretti Sanmartín salientou a feliz coincidencia de que “o Curtocircuíto celebre os seus 20 anos de traxectoria coa estrea dun filme escrito e dirixido por unha muller afincada en Compostela que vén de gañar, hai escasos tres días, a Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián”. Neste sentido, a alcaldesa asegurou que “Jaione Camborda é un orgullo para Santiago de Compostela, o trasunto do concello que queremos, un concello de igualdade, con mulleres que dan pasos adiante, atrevidas, coa cultura como unha extraordinaria carta de presentación, coa lingua como identidade da que se gabar, un concello de vangarda, talento, esforzo e compromiso”.
Pela del Álamo remarcou que “o festival celebra o seu vixésimo aniversario cunha clara vocación de reinventarse para ofrecer un formato acorde á actualidade e que, por tanto, fomente a experiencia co público e a interactividade, converténdose nun punto de encontro para espectadores e artistas”. O director artístico de Curtocircuíto tamén destacou durante a súa intervención “o intenso programa que o festival acollerá este ano, con máis do 50% de filmes dirixidos por mulleres e unha selección de películas de máis de 16 países”.
A continuación presentouse a proxección de O Corno da man da súa directora, Jaione Camborda, e a produtora do filme, Andrea Vázquez, xunto con Fernando R. Ojea, director de contidos da CRTVG, entidade que participa na película. Jaione Camborda, directora, guionista e tamén produtora do filme agradeceu ao festival a oportunidade de facer a preestrea galega de O Corno en Compostela, a súa cidade de acollida dende fai 15 anos, e facelo “diante de tanta xente querida nun festival ao que tamén lle debo moito como público e como cineasta”.
Pola súa banda, Pela del Álamo agradeceu a todo o equipo da película ter elixido Curtocircuíto como espazo para a estrea galega da película “é un verdadeiro orgullo acoller hoxe esta estrea, dun filme que fai historia e que sitúa o cine galego no panorama internacional. Gracias e parabéns, Jaione”, apuntou.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL