A cuarta edición do MUMI remata coa certeza de ter colocado novos e importantes chanzos no seu obxectivo de tender unha ponte entre as músicas de Galiza e Portugal abrindo o camiño da internacionalización para ambos territorios. O mercado da lusofonía e a conexión con outros territorios do Estado a través da colaboración iniciada este ano coa prestixiosa Fira Mediterrània de Manresa debuxan un horizonte ilusionante para artistas e programadores que atopan na feira oportunidades e contactos para vender as súas propostas.
Máis de 60 programadores participaron nas roldas de speedmeetings que se sucederon ao longo do venres e o sábado na ZONA PRO instalada na Escola superior de Ciencias Empresariais de Valença. Aínda é cedo para calcular o volumen de negocio das transaccións e sinerxías creadas durante esta edición, pero a sensación xeral dos axentes musicais é moi positiva. Ánxela Vila, da organización do MUMI en Galiza explica que “as bandas e artistas conseguiron captar o interese de moitas programadoras e programadores que se achegaron a pedir contactos e axendar reunións tralos showcases. Hai concertos pechados e cremos que nos próximos meses se van pechar moitos máis; ademais vemos que se está creando unha rede de traballo, uns vínculos entre os sector dentro de Galiza e con Portugal que antes non existían e que se van fortalecendo en cada edición”.
O MUMI presentou nesta edición unha selección de 20 bandas e artistas onde estiveron representadas as músicas tradicionais, o rock, a electrónica, o jazz, as músicas urbanas, o indie-pop ou a canción de autoría, e que dan boa conta do gran momento creativo que viven os dous territorios. Dentro da sección de showcases presentaron os seus directos a Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura, Xurxo Fernándes, Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar, Virgem Suta.
Ao programa de showcases, sumáranse as propostas do concerto de apertura cos brasileiros Destino do Clã , o coro galego Encaixe e desde Portugal O Gajo coas Sanfonas da Ponte Velha; e no peche do domingo ao mediodía, os Gaiteiros da Ponte Velha e a banda Gooze presentaron as súas propostas nunha sesión de música aberta ao público xeral dentro da Fortaleça de Valença. O ESPAZO OFF acolleu ademais as sesión de Dj Gaiteirinho e Dj Ábrete de Orellas;
A banda galega Caldo presentará o seu disco na Fira Mediterrània de Manresa en outubro. O acordo de colaboración iniciado este ano coa Fira Mediterrània de Manresa, e que trouxo ao MUMI proposta catalá de Alba Careta & Henrio, levará agora á banda galega Caldo a presentar o seu novo disco neste importante mercado no que se darán cita en outubro programadores de todo o mundo, e que é un referente para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo. Froito da conexión das axencias galegas con Cataluña, este ano a Fira Mediterrània de Manresa vai acoller tamén a outras bandas galegas como Caamaño & Ameixeiras, dentro do Focus Galiza-Portugal que o mercado catalán ten programado neste edición, grazas ao apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Nas sesións de faladoiros, os asuntos que espertaron mais interese entre as empresas e profesionais da industria da música foron a comercialización dixital da música, as claves para a contratación artística transfronteiriza, e como conseguir audiencias para músicas non maioritarias, un problema ao que se enfrontan a maioria das bandas e artistas e que precisa dunha estratexia de nicho que fidelice unha comunidade, dun investimento forte em material promocional que non sempre é asumible para proxectos pequenos, e tamén ou a través de colaboracións con artistas mainstream que podem axudar a alcanzar novos públicos e mais visibilidade.
O Espazo Loja, outra das novidades desta edición, conseguiu abrir unha nova liña de traballo dirixida á promoción e venda física de producións editoriais e discográficas da industria galega e portuguesa. Nesta primeira edición acolleu os catálogos da portuguesa Tradisom, e das galegas aCentral Folque e Através Editora. Onde se presentou a novela gráfica Zeca Afonso. A Balada do Desterro, da ilustradora portuguesa Maria João Worm e a escritora galega Teresa Moure, editada conxuntamente por aCentral Folque e Tradisom.
A organización do MUMI, un proxecto que viñan madurando desde hai anos un grupo de empresas culturais de Galicia e Portugal, expresou de maneira especial o seu agradecemento aos concellos da Eurocidade, Tui e Valença, pola aposta que fixeron desde o primeiro momento. Ambos concellos amosáronse sempre convencidos de que a Eurocidade Tui-Valença, un dos poucos espazos transfronteirizos en Europa de carácter urbano, pola súa necesidade de horizontes comúns, era o territorio acaído para un proxecto como o MUMI.
As dúas institucións entenden que as implicacións sociais e económicas da actividade cultural e, máis concretamente, da música, están xerando benestar e progreso no territorio, e que o MUMI pode ser a mellor marca cultural da Eurocidade. Desde a organización do MUMI 2022, o balance da edición resúmese na capacidade que está demostrando o encontro para “crear oportunidades par as nosas industrias musicais, para os nosos artistas e os nosos territorios”, e a confirmación de que a feira se está a converter unha cita de referencia e unha ferramenta importante para a circulación de músicas entre Galiza e Portugal.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL