"Voute preservar, miñoca!". Con este suxerinte título, a Universidade de Vigo organiza para este venres 15 de setembro unha xornada na que os videoxogos en galego e a arqueoloxía se darán a man. O evento terá lugar no edificio Rederias, na Praza do Berbés, e será aberto ao público en xeral, pesando específicamente para a mocidade, pero non exclusivamente. "É evidente que o mundo dos videoxogos cada vez se estende a máis capas de idade", explicou a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, que adianta que haberá actividades específicamene dirixidas ás familias.
Coincidindo coa clausura da exposición Arqueoloxía dixital galega, na que se achega ás persoas espectadoras a diferentes aspectos relacionados coas redes sociais e Internet en Galicia, as actividades da xornada van dirixidas a remarcar a importancia do uso do galego no mundo dos videoxogos. Trátase, a xuízo da vicerreitora, “de reivindicar a presenza da nosa lingua nun contexto de grande actualidade entre a xuventude” e para conseguilo contarase coa participación de especialistas, profesorado e alumnado dos tres campus que, a través das súas propias experiencias, tratarán de lanzar “unha mensaxe de esperanza do uso do galego cara as novas tendencias”.
O programa arrancará ás 11:30 horas cun encontro didáctico cos responsables de UVigo SpaceLab, un equipo multidisciplinar de alumnas e alumnos de diferentes escolas de enxeñaría da UVigo dedicados ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educacional. A continuación, ás 12:00 horas, arrancará a zona de videoxogos retro en galego, centrada nas consolas que reinaron nos anos oitenta e noventa.
A maior parte de actividades concéntranse pola tarde. Empezaran ás 16:30 horas con "Entre nós", un xogo multixogador en liña pensado para familias, menores de 12 anos acompañados. Ás 17:00 horas está previsto un hackaton para crear guións de videoxogos, aberto a persoas maiores de 14 anos, e, á mesma hora, terá tamén lugar un adestramento de elite en deportes dixitais a cargo de Tomás Leis Bravos, capitán do equipo de e-Sports Valorant da UVigo e, segundo se destaca no programa, “un dos mellores deportistas de Galicia e un as niso de saber trucos”.
Referente indiscutible no mundo da dobraxe, outro dos convidados será Julio Lorenzo, o actor que lle puxo voz a Son Goku para a TVG, que contará neste acto múltiples anécdotas coas que amosar “como se pode chegar a superar o millón de unidades de forza niso de motivar a falar en galego a varias xeracións”.
A maiores, o programa inclúe tamén un campionato de Dragon Ball Z e unha pequena charla do profesor e co director do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo, José Yuste, sobre traducir e paratraducir os videoxogos en Galicia. A xornada pecharase ás 20:00 horas coa clausura da exposición Arqueoloxía Dixital Galega que pode visitarse no edificio Redeiras desde o pasado mes de xullo e que agora seguirá a súa andaina polo resto de campus da UVigo, así como por outras institucións.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL