O FICBUEU, que cada ano amosa o mellor cinema autoral e as principais tendencias cinematográficas en formato curto, presentou esta mañá o seu programa de residencias para cineastas en Ons. Trátase dun proxecto formativo creado para lle dar pulo a novos proxectos audiovisuais. Profesionais de prestixio titorizarán a realizadoras e realizadores na creación de películas que aínda están en fase de desenvolvemento. O programa, no que o Festival comezou traballar hai dous anos, conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC). «Que ademais a residencia sexa de curtas é un valor diferencial, porque nos decatamos de que en España non hai practicamente nada similar», sinalou na presentación María Ruiz-Falcó, co-directora do FICBUEU, quen tamén quixo agradecer ao público a boa acollida que está a ter o certame, que continuará coa súa programación ata o vindeiro día 23.
Nesta primeira Residencia FICBUEU, que terá lugar do 9 ao 15 de outubro en Ons, son catro os proxectos seleccionados de entre os 122 que se recibiron dende todo o territorio español, un tercio deles dende Galicia. A titora será Isabel Peña (Zaragoza, 1983), guionista de películas coma As bestas ou El reino –coas que gañou sendos Goyas–, Stockholm, ou Que Dios nos perdone y de series coma Antidisturbios. Para María Ruiz-Falcó, «é un luxo estrear o programa con ela, poder contar cunha muller coa súa traxectoria e a súa altísima calidade profesional».
Para a selección dos proxectos, o equipo do FICBUEU fixo unha escolma inicial de 15 filmes candidatos. Despois, e en colaboración coa propia Isabel Peña, seleccionou os catro proxectos finalistas: son os de dúas directoras, Alicia Úbeda e Ángela Andrada, ambas de A Coruña, e dous directores, Jordi Sanz, de Barcelona, e Pablo Vilas, de Tenerife. «Valoramos moito a visión autoral xenuina e a concepción narrativa innovadora á hora de escoller. Son catro proxectos moi diferentes entre si, moi interesantes e con moita calidade no guion», engadiu Manuel Pena, tamén co-director do FICBUEU, sobre os traballos que forman parte do programa.
Alicia Úbeda, que asistiu á presentación da residencia, participará con Garabato, un proxecto de curtametraxe autobiográfica sobre dúas irmás de 14 e 7 anos que coidan dunha nai alcohólica. «Síntome moi afortunada de entrar neste programa e encántame que sexa de curtas porque teñen unha linguaxe propia que hai que pór en valor», dixo na súa intervención. Para esta directora e guionista coruñesa, a súa historia é «unha mirada hacia dentro» que mestura autoficción e documental e que «colle unha experiencia traumática para contala outra vez e facela menos dolorosa».
Avisa cuando llegues é a proposta da guionista Ángela Andrade, a historia dunha moza de 21 anos que quere recuperar a súa vida, superar o medo e volver saír a divertirse seis meses despois de sufrir unha agresión sexual. Jordi Sanz, pola súa banda, foi elixido por Sismes, unha peza coa que explorará a memoria e os recordos a través dunha muller divorciada que regresa dez anos despois á illa volcánica onde pasou a súa lúa de mel e ten a obsesión de gravarse en vídeo para recrear as imaxes nas que só aparecía o seu ex marido. Barranco sin fondo é a proposta que Pablo Vilas quere desenvolver para contar a historia dunha adolescente que recorre cun dron os barrancos preto da súa casa e atopa un cabrito que quere adoptar.
A primeira Residencia FICBUEU permitirá aos catro finalistas mellorar a calidade e a viabilidade das súas ideas, fornecendo a súa visión, linguaxe e ton personal, ademais de adquirir os recursos necesarios para obter unha perspectiva multidisciplinar do proceso de produción. A metodoloxía que empregarán estará baseada nas titorías personalizadas, as formacións específicas e nas actividades prácticas conxuntas (mesas redondas e encontros one to one) que favorecerán a cooperación e posta en valor de perspectivas diversas. «O plan é que traballen moito para sacar o máximo proveito da súa estancia», afirmou Manuel Pena.
Ademais de Isabel Peña, traballarán tamén cos residentes a doutora, guionista e antropóloga Carmen Ávalos, quen abordará o guion desde a perspectiva de xénero; Pablo Lamosa, director de Cormorán VFX, quen afondará nos recursos orientados á mellora dos aspectos visuais dos proxectos; e a profesora e investigadora Elena Neira, quen dará a coñecer as novas vías de distribución para o cinema.
Ao remate da residencia, un dos catro proxectos de guion optará a ser producido pola produtora galega Nortecatro Cinema. «Xa viñamos facendo clases de guion e pequenos cursos de rodaxe, pero queriamos ter un gran programa profesional e completo de apoio a ideas dende o seu inicio, co que se vexan resultados. Por iso imos intentar que un dos proxectos sexa realidade e pechar o círculo», rematou Manuel Pena.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL