"Meu amigo Lorenzo" e "10 de marzo", premiadas no Primavera do Cine. O pasado domingo 10 de setembro, o Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolleu a gala de clausura da XII edición do Festival Primavera do Cine, onde foron entregados os diversos premios aos filmes que participaron na sección oficial.
O premio do público á mellor longametraxe recaeu no filme de nacionalidade brasileira "Meu amigo Lorenzo", dirixido polo veterano André Luiz Oliveira. O cineasta é todo un icono do cinema marxinal brasileiro desde finais dos anos sesenta, etiqueta que acadou a partir da difusión do seu filme "Meteorango kid, o heroi intergaláctico" (1969). A súa traxectoria está composta por numerosos filmes de prestixio como "A lenda de Ubirajara" (1974) e "Louco por cinema" (1994).
"A miña carreira no cinema é longa. Teño varias longametraxes, curtas... pero "Meu amigo Lorenzo" é un filme especial e por iso tiña que verse nun festival especial, con características especiais", apuntou Luiz Oliveira.
O xurado, composto por Franco Tedesco, cineasta, Migual Alejos, presidente do Cineclub Valmiñor Alice Guy e Carmen Díaz, programadora especializada en medios de comunicación, decidiu premiar o filme documental "10 de marzo", dirixido por Roi Cagiao. "Un filme necesario nos tempos actuais pola temática que aborda, por realizar unha lectura precisa e comprometida da historia política recente de Galicia, a través dunha narración dinámica e acadando unha sobriedade emotiva", indicou o xurado.
O xurado decidiu entregar tamén unha Mención Especial ao filme "Liña de fuga", dirixido por Marta Blanco, “por elaborar un discurso arriscado que mantén o equilibrio entre as diversas áreas cinematográficas: montaxe, son, planificación, música... que contribúen a desenvolver un discurso intimista, acompañado dunha mirada crítica e feminista acerca da realidade”.
Os premios do público á mellor curtametraxe repartíronse entre os filmes de produción galega e os de produción de países da lusofonía. Así, o premio do público á mellor curtametraxe galega recaeu en "Antes de que se poña o sol", dirixida por Nani Matos. "A curtametraxe fala sobre os conflitos familiares e as difíciles decisións que, ás veces, é necesario tomar", explicou o director, mentres que a organización do festival aseguraba que é “unha ficción sustentada na solidez do guión e na dirección de actores”.
O premio do público á mellor curtametraxe lusófona foi a parar a outra produción brasileira, "Pedro e Inácio", dirixida por Caio Dornelas, un documental de corte político e combativo que aborda as loitas camponesas polo dereito á terra nunha pequena comunidade do Brasil.
A gala de clausura contou tamén coa actuación musical a cargo do intérprete e compositor vigués Oswaldo Oro, artista de referencia internacional pola súa traxectoria ao longo dos últimos anos. Ademais, a curtametraxe "Carmen", foi presentada polo seu propio director, Fernando Cornide. Nesta ópera prima, Cornide aborda o fenómeno da despoboación do rural en Galicia cunha mirada intimista á vez que comprometida.
A gala foi conducida polo director do festival, Alfonso Castaño, quen destacou como puntos fortes da presente edición “a variedade da programación, a cantidade de filmes que foron estrea, a aposta polos novos realizadores e a ampla presenza de mulleres directoras".
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL