O Bloque Nacionalista Galego defenderá cinco medidas no Pleno para poñer fin á situación “insostíbel e deficiente” do servizo de bus urbano de Vigo. O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, asegurou que é hora de actuar diante dos “reiterados e graves incumprimentos” por parte da empresa concesionaria, Vitrasa, tanto das condicións do prego como das obrigas co seu persoal, que desembocaron nun conflito laboral iniciado en agosto de 2021 e que acumula numerosas xornadas de folga e paros.
“Esta moción do BNG quere ser unha contribución en positivo para poñer fin a esta situación e para dotar a nosa cidade dun servizo de autobús á altura da maior cidade galega”, subliñou Igrexas de cara á sesión plenaria convocada para o vindeiro martes 12 de setembro. Reprochou nese sentido a “complicidade descarada” do Goberno de Abel Caballero coa empresa concesionaria por consentir, entre outros, o recorte de 72 frecuencias desde a pandemia, a desaparición completa de liñas e a imposición de peores horarios.
Por estes motivos, dende a fronte nacionalista piden na súa moción que o Concello abra un expediente de sanción contra Vitrasa por incumprir os pregos da concesión, ademais de esixir que o Goberno municipal exerza as súas atribucións de control e inspección para asegurar que se cumpren de maneira estrita as condicións do servizo e da normativa laboral.
En relación co persoal, Igrexas afeou os pretextos utilizados por Abel Caballero para desentenderse da situación, cando asegura que se trata dun conflito no marco dunha empresa privada. O voceiro do Bloque lembrou ao rexedor que o bus urbano é un servizo público de titularidade municipal e de carácter esencial, polo que cada ano o Concello paga arredor de 13 millóns de euros en concepto de subvención e polo que ingresou á empresa 21 millóns como indemnización polas restricións derivadas da pandemia.
“O Goberno municipal ten que deixar de aliñarse coa dirección da concesionaria para se implicar nunha resolución xusta”, demandou o portavoz nacionalista. Así, o BNG defenderá no Pleno municipal a urxencia de que o Concello interveña dunha vez para desbloquear este conflito laboral que vai camiño de se volver crónico despois de dous anos de protestas, diante do bloqueo patronal da negociación colectiva dun convenio caducado en 2020 e de incumprimentos relacionados cos descansos e os salarios do persoal, entre outros.
Para a fronte nacionalista, a próxima finalización da prórroga de Caballero da concesión de Vitrasa, que prolongou o contrato de forma “inxustificada” até 2025 baixo as condicións dun prego elaborado en 1994, abre o escenario para que o servizo de bus urbano pase a ser de xestión pública directa. Por este motivo, o BNG aposta por iniciar un estudo para avaliar a remunicipalización do servizo a través dunha Empresa Pública de Transportes.
Un redeseño do bus urbano que, a xuízo das nacionalistas, ten que contar con participación veciñal após desatender o Goberno local durante anos as numerosas demandas do tecido asociativo. Por este motivo, urxiron a convocatoria do Consello Sectorial de Transportes, o órgano consultivo do Concello nesta materia que fica en estado de inactividade, para acordar as melloras necesarias no servizo.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL