Vai chegar un momento no que o Revenidas non sen entenda sen Zoo e no que tampouco sexa doado entender a Zoo sen a súa conexión galega co Revenidas. Os valencianos repiten nesta edición tralo apoteósico concerto que ofreceron no 2022. De feito, son unha das principais atraccións do cartel do venres. Un cartel no que están presentes nomes consagrados chegados de Valencia (Zoo e Los Chikos del Maíz), dende Euskadi (Tropa do Carallo, a nova banda de Evaristo Páramos, quen fora o líder de La Polla Records e Gatillazo), dende Castela e León (La Regadera) e, por suposto, dende Galicia (Rebeliom do Inframundo). Xunto a eles, e case que despertando tanta admiración, están figuras emerxentes da escena vasca (Zetak) e galega (Fillas de Cassandra e Sheila Patricia). Como complemento indispensable e aglutinador, non faltarán as sesións musicais de La Duendeneta.
Influenciada polas súas viaxes a Latinoamérica durante a súa infancia, poderíase dicir que Sheila Patricia foi unha das pioneiras da folktrónica. O seu canto tradicional demostra a riqueza do son galego que se mestura con diversas formas de música electrónica dende unha perspectiva única que toma elementos do fado, o jazz ou a música tradicional das dúas beiras do Atlántico.
Así se chama a nova banda de Evaristo Páramos, quen fora o líder de formacións míticas como La Polla Records e Gatillazo, nesta ocasión acompañado por Abel Murua ao baixo, Tripi á batería e Alberto Salgado á guitarra. A banda porá en escena no Revenidas o seu álbum de presentación, Que hostias andais!, composto por 18 cancións marcadas, como non podía ser doutro xeito, polo punk rock marca de la casa.
Son as grandes revelacións da música galega en 2023. Xa no 2022, e tan só con un par de sinxelos, chamaron poderosamente a atención da crítica e da escena musical. Tras publicar no mes de febreiro o seu primeiro disco, Acrópole, o dúo formado por Sara Faro e María Soa confirmaron, e incluso superaron, todas as expectativas. Na súa proposta conflúen elementos da tradición musical galega, da clásica e da electrónica, arroupada no literario por revisións da mitoloxía grega, tamén cunha forte carga feminista.
Zoo arrancaron este 2023 tras acadar o fito de encher, cantando en valenciano, o Wizink Center de Madrid e o Palau Saint Jordi de Barcelona, en decembro do pasado ano. O sexteto de Gandía) leva xa moitos anos defendendo un dos mellores directos que se poden escoitar en España. Cunha febril e excitante combinación de rap e música electrónica, pero tamén con achegas dos ritmos latinos e mesmo mediterráneos. E sempre cunha letras cargadas dun forte contido social e político.
Xa sabedes da querencia que ten o Revenidas polas bandas de ska-fusión. E La Regadera é unha das grandes. Se cadra non acadaron aínda a transcendencia de outros grupos achegados ao seu son, pero estes burgaleses, que xa teñen pasado por festivais como o Viñarock ou o Sonorama, poden ser unha das grandes sorpresas do cartel deste ano en Vilaxoán. Festa e diversión para que a vida non pare.
Visita de nuevo Vilaxoán o grupo considerado como o principal referente do rap explicitamente político español. Los Chikos del Maiz preséntanse en Revenidas con novo álbum debaixo do brazo, Yes Future, un libro-disco no cal reflexionan ao redor da idea e do concepto de futuro desde a perspectiva da economía, o antifascismo, a educación, as políticas LGTBI, a cultura ou o cambio climático.
Postos a romper estereotipos -e poucas cousas gustan máis no Revenida-, que tal un proxecto de música electrónica en euskera? Zetak é o proxecto de do sempre inquedo músico navarro Pello Reparaz (ex Vendetta). En 2021 gañou o premio MIN ao mellor álbum en euskera. Un dos seus temas, Itzulera, foi o himno do verán en Euskadi. E agora ven de gravar Zoriontasuna xunto a Bomba Estéreo, o que xa colocou a Zetak no punto de mira internacional.
Este 2023 debe ser o ano que consagre a Rebeliom do Inframundo e Amor ou Barbarie o disco que o propicie. Boa proba é que os concertos de presentación do álbum saldáronse con sold outs. O cuarto traballo dunha das bandas senlleiras do rap galego supón un antes e un despois na súa traxectoria, marcado pola forza, amor, rabia, paixón e crítica das súas composición. Cun amplo abano de cores e sons no que os sentimentos son os protagonistas. Con letras profundas, punzantes, con crítica social e persoal e gran variedade de flows.
Xa case nos atrevemos a dicir que o Revenidas e a Duendeneta forman un binomio indisoluble. A vella furgalla vermella que leva a nosa música por todo país é todo un clásico do festival de Vilaxoán, ao que leva acudindo dende hai unha década. Este ano, por suposto, non podía faltar, coas súas festivas e imbatibles sesións a cargo de Kris K Dj e Carlos Crespo, nas que a música galega goza sempre dun privilexiado e merecido protagonismo.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL