O Bloque Nacionalista Galego acusa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, de manipular sobre a sentenza relativa ao Nadal, dando a entender que esta resolución en primeira instancia é firme cando aínda está pendente de recurso no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). Así o denunciou este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após as declaracións do rexedor cuestionando a imparcialidade da Fiscalía do alto tribunal, que vén de ratificar as motivacións dunha das demandas xudiciais polas consecuencias do pasado Nadal.
“É un disparate inaceptábel e un insulto á intelixencia das viguesas e dos vigueses escoitar dun ex ministro do Goberno español que a Fiscalía non é un organismo independente porque lle dá a razón á veciñanza do centro e non ao Goberno municipal”, afeou Igrexas, que reclamou ao alcalde actuar coa “seriedade e responsabilidade” que corresponde o seu cargo. “Caballero coñece sobradamente que, tal e como estabelece o artigo 124 da CE, a Fiscalía ten como función actuar en favor do interese público de acordo á Lei”, engadiu.
O portavoz nacionalista asegurou que o alcalde o que ten que facer é “escoitar e dialogar de verdade” cos axentes sociais afectados, co fin de adoptar as medidas necesarias para evitar que o Nadal deste ano “se volva converter nun caos insoportábel e perigoso”. Nese sentido, lamentou que Caballero decidise volver a desprezar a colectivos veciñais, como vén de facer este xoves coa Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo.
“O Comité do Nadal será unha bufonada inútil se non se conta coa participación da veciñanza, de comerciantes de toda a cidade e de técnicos das áreas de Mobilidade e Seguridade, como demandamos desde o primeiro momento o BNG”, reiterou Igrexas en relación ao grupo organizador do Nadal, formado na actualidade só por membros do Goberno municipal.
Dende a fronte nacionalista insistiron na necesidade de rectificar o deseño “caprichoso” do Nadal, diante das numerosas molestias, o caos circulatorio e o risco para a seguridade das persoas que se viviu na última edición. “A posición do BNG é rotunda e clara: Nadal si, por suposto que si, pero non así”, remachou Igrexas.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL