A paixón polos deportes de auga vívese esta fin de semana no Baixo Miño. Máis 1.100 persoas participarán este sábado, 19 de agosto, no Descenso Internacional do Miño e no Descenso Popular que organiza o club Kaiak Tudense coa colaboración do Concello de Tui, entre outras institucións e entidades.
O 52º Descenso Internacional do Miño, que foi presentado este mércores na rúa Olímpicos Tudenses, incrementa a súa participación en case 100 deportistas con respecto a edición de 2022, e congregará a 558 deportistas de 48 clubs dos que 33 son de Galicia, seis de Portugal, dous de Arxentina, tres de Madrid, dous de Valladolid, un de Pamplona e un de Asturias.
A saída será o sábado ás 18:30 horas dende Salvaterra de Miño, e estímase que os primeiros en cruzar a liña de meta o fagan en aproximadamente unha hora. Entre os favoritos para a vitoria están no K1 senior Manuel Garaycoechea e Amaia Osaba; no K2 Iván Alonso e José Barreiro, Adria Prada e e Joaquín Iglesias na categoría masculina e Tania Fernández e Carmen Villar na feminina.
No K2 mixto parten con opcións de subir ao máis alto do podio as parellas locais de Leticia Piña e Rubén Millán, e de Lucía Soutelo e David da Rocha, xunto a Cristina Franco e Rubén Franco. En canoa a nivel individual as favoritas son Claudia Couto, campioa do Mundo en C1 200, Ana Pereira, medallista no Mundial, xunto a Óscar Graña e Jaime Duro na categoría masculina e Diego Miguens e Fernando Busto no C2. A entrega de premios será ás 20:00 horas.
Previamente, ás 16:00 horas sairá dende a ribeira de Caldelas o Descenso Popular do Miño que acada a súa décimo segunda edición. Hai inscritas 550 persoas que nas súas piraguas encheran de corido o río Miño ao longo de sete kilómetros até Tui. Para facilitar o transporte das persoas participantes haberá autobuses lanzadeira dende a rúa Tenencia, fronte ao Parador, onde haberá amais habilitada unha zona de aparcamento. Previamente dende ás 12:00 horas na propia ribeira celebrarase a Romaría Popular. A festa continuará na rúa Compostela a partir das 20:00 horas con música e gastronomía na Festa Gastronómica.
Este mércores na presentación da proba Ana Núñez, alcaldesa en funcións, amosou o orgullo da institución que representa por ser “un concello recoñecido nacional e internacional como referente no mundo do deporte, e en concreto no mundo do piragüismo”. Engadía que este é un deporte “tan significativo e tan ligado a nosa esencia” que dende os seus inicios ten dado colleitado grandes éxitos. Nese senso recoñecía o “gran traballo que desde o Club Kaiak Tudense veñen realizando” tanto na organización deste 52 Descenso Internacional do Miño, declarado Festa de Interese Turístico, senón tamén coma berce de grandísimos campións e campioas olímpicos, nacionais e internacionais”. Ao tempo reivindicou a presenza feminina no deporte e nos órganos de representación do deporte.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, salientou que o Descenso é un evento moi consolidado que conta con gran implicación dos deportistas e éxito rotundo de participación. Mentres o seu homólogo de Salvaterra, Edgar Martínez indicaba que este evento achega ao deporte a todos podendo gozar do espazo natural no que se celebra.
O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, destacaba a ampla participación que rexistra este evento e convidaba ao público a gozar deste espectáculo deportivo. Mentres o xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, lembrou que o Kaiak Tudense é un club referente para a Secretaria Xeral para o Deporte, engadindo que Tui é un referente en combinar o deporte federado e o popular, e aludido a ampla participación prevista sinalaba que “falta pouco para chegar ao Sella”.
O deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais, Roberto Carrero, referiuse ao Descenso coma un acto importante que constitúe un evento de promoción de toda a provincia e que brinda un espectáculo de primeiro nivel.
O presidente do Kaiak Tudense, Diego Piña, repasou na súa intervención os datos deportivos deste eventos, agradecendo o apoio de todas as persoas e institucións que o fan posible e convidando á achegarse ao Miño para gozar destes Descensos.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL