A penetrante, emotiva e intensa voz de Andrea Pousa soará este sábado, 9 de xuño, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso dentro do programa das Festas da Rosa e financiado pola Deputación de Pontevedra. A tomiñesa levará ao municipio o seu espectáculo “un verso, un cantar”, no que homenaxea a emigración galega de comezos do século XX.
A fusión poética e musical, con versos de Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Emilio Ferreiro ou Neira Vilas encheranse de música coa afouteza de Pousa. Unha voz chea de arroubo, pero tamén de delicadeza, que envolverá ao público nun sentimental espectáculo no que cada verba, cada nota, fará lembrarnos dos nosos devanceiros e da súa loita por sobrevivir sen esquecer endexamais a súa terra.
“Un verso, un cantar” representa de forma artística a emigración galega cando se reunía nos centros galegos para cantar, bailar e lembrar a súa Galicia, a súa familia, a súa cultura e a súa lingua. Un espectáculo que se lembra de todos os que cruzaron o Atlántico para deixarnos un futuro mellor, nunha Galicia que non era quen de alimentar aos seus fillos.
Na cita, que arrancará ás 20:00 horas, tamén estarán presentes os compoñentes dos grupos de gaitas que participaron nos actos oficiais da celebración do Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, “Xulio Lorenzo & Banda” e “A Vacaloura Vermella”, e unha parella do Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras.
O espectáculo, que contará con Andrea Pousa e banda, será tamén retransmitido por internet. "Ao estar enfocado a emigración foro moitas as persoas que nos pediron que o fixeramos", explica a cantautora baixomiñota. Así, todos aqueles que queiran desfrutar do evento poderán seguilo en directo a través desta ligazón.
Andrea Pousa presentou en 2017 o seu primeiro disco en solitario, “Respirar”, producido polo compositor e músico Nani García. Un traballo que, nas verbas da cantautora “colle música dende vangardista a tradicional, pasando polo fado”.
O disco conta con cancións en tres idiomas, galego, castelán e portugués, todos eles inéditos a excepción dunha innovadora versión de “Negra sombra”, de Rosalía de Castro.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL