Cando Moaña aínda ven de saborear a Festa do Mexillón, a vila morracense presenta e inicia a conta atrás para festexar un novo gran evento gastronómico. Trátase da Festa do Marisco, unha cita que terá lugar esta fin de semana, 12 e 13 de agosto, na carpa que está instalada no contorno do Palco da Música e que permitirá gozar aos asistentes dos manxares da nosa ría na beira das súas propias augas.
O Salón de Plenos de Moaña acolleu este martes a presentación desta nova festa gastronómica que levo o selo de Vigomar, empresa que durante anos organizou a Festa do Marisco de Vigo e toda unha garantía de calidade do produto que estará á venda esta fin de semana na carpa de 600 metros cadrados que agarda acoller a unhas 500 persoas sentadas. A oferta será variada. Dende unha mariscada para dúas persoas, arroz de marisco ou ata os produtos individuais como vieiras, nécoras, cigalas, percebes, mexilóns ou tapas de polbo de ata tres tamaños diferentes. O evento abrirá as súas portas o sábado e o domingo ás 11:00 horas e haberá un total de seis persoas en cociña, un xefe de cociña e sete persoas en servizo.
Pero unha das opcións interesantes que ofrece a carta desta primeira Festa do Marisco de Moaña é poder gozar do produto en diferentes variedades, como é o caso das empanadas e empanadillas, onde os asistentes terán a súa disposición a empanada de choco, de zamburiñas, de polbo, de bacallao con pasas ou de atún.
Por outra banda, para chegar ao maior público posible, os organizadores da Festa do Marisco de Moaña decidiron introducir na carta a opción dunha empanada vexetal para a persoas veganas e a pizza pensando sobre todo nos máis pequenos da casa. Ademais de poder desfrutar dos manxares dos nosos mares, o evento gastronómico tamén oferta varios postres, onde destacan a tarta de queixo, a tarta de Santiago, filloas e xeados en diferentes tamaños.
O evento gastronómico que celebrarase nesa carpa situada a carón do mar, nun emprazamento único, tamén permitirá saborear ao público asistentes viños de calidade como o Albariño de Pazo Villarei, o Godello de Vecrime, o Ribeiro de Castelo dos Condes ou o Mencía de Heroico. Ademais, tamén haberá cervexa, refrescos, auga, chupitos e combinados.
A Festa do Marisco é unha das grandes novidades da programación de ocio e lecer da vila morracense para o verán, unha oferta que forma parte dos “Días de Mar” e na que hai propostas como o Festival de Jazz, o Cine de Verán ou outras citas que xa se celebraron como foi o caso do Festival Intercéltico do Morrazo ou da xa mencionada Festa do Mexillón.
Ademais de poder tomar o mellor marisco, a festa gastronómica moañesa tamén contará cunha programación musical para amenizar o evento. Asi, o sábado, a Charanga a cabeza non para porá a banda sonora da Festa do Marisco ás 12:30 e ás 18:30 horas. Xa o domingo, está programada unha sesión vermú con Pataghullos ás 12:30 horas e un concerto de Fiándola ás 20:00 horas. Na tarde, os organizadores propoñen para o público familiar obradoiros infantís do mar, que correrán a cargo de Vagalume e que terán lugar ás 17:30 horas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL