O goberno municipal do Concello de Tomiño levará a pleno o vindeiro día 10 de agosto, para a súa Aprobación Inicial, a “Modificación Puntual Nº10 do PXOM de Tomiño”, facendo así efectivo o seu compromiso de aprobar dita cuestión durante o primeiro pleno do mandato. Esta é unha modificación do planeamento urbanístico que permitirá o desenvolvemento do Parque Agroindustrial Transfronteirizo. Despois da aprobación plenaria, e en canto se publique nos diarios oficiais, a continuación da tramitación desta modificación urbanística pasará polo proceso de información pública de 2 meses no que o Concello creará unha Oficina de atención ao público para informar aos veciños e veciñas.
O comezo deste proceso partiu o 28 de xaneiro de 2020 nunha reunión do goberno municipal, equipo técnico e unha representación do sector empresarial ubicado na contorna da coñecida como “recta de Figueiró”. Nela, trasladouse a intención municipal de impulsar o proxecto do Parque Agroindustrial Transfronteirizo. O obxectivo principal deste proxecto é crear unha área empresarial que dispoña dunha oferta suficiente para atender as necesidades de solo para actividades económicas e empresariais. Por outra banda, preténdese ordenar as implantacións industriais e comerciais xa existentes construídas ao carón da estrada PO-552, dotándoas das infraestruturas de servizos necesarias para facilitar a súa normalización e seguridade xurídica e así, garantir o seu desenvolvemento futuro. Nestes momentos, na contorna da PO-522 entre as parroquias de Estás, Figueiró e Goián, existen a día de hoxe case 40 empresas do sector agroindustrial e servizos que xeran aproximadamente 500 postos de traballo e representan un volume de facturación de máis de 100 millóns de euros.
A ubicación do ámbito do Parque Agroindustrial ven predeterminado pola súa proximidade á Ponte Internacional e, consecuentemente, a súa posición xeoestratéxica no contexto xeográfico da Eurorrexión. Alén diso, a ubicación vense favorecida pola existencia dos servizos urbanísticos necesarios para o seu desenvolvemento, pois nese ámbito sitúanse as conexións de auga e saneamento municipal, fibra óptica e accesibilidade tanto viaria como ferroviaria. Nese sentido, a decisión da Xunta de Galiza de aprobar o proxecto de trazado da Autovía do Baixo Miño desdobrando a recta de Figueiró e configurándoo como unha autovía urbana con 3 rotondas foi determinante, pois favorece á conectividade e integra e complementa a rede de varios accesorios.
Outro aspecto importante do proxecto do Parque Agroindustrial Transfronteirizo é o seu respecto ambiental, integración paisaxística e potenciación de infraestruturas verdes. O planeamento proposto é de baixa edificabilidade e permite liberar 21 hectáreas de terreo para zonas verdes. Durante o proceso de elaboración da Avaliación Ambiental Estratéxica, realizouse un Estudo Hidrolóxico-Hidráulico que determinou a existencia de cauces fluviais naturais derivados e obras de drenaxe mal dimensionados nas obras da concentración parcelaria. Este mal deseño das infraestruturas hidráulicas está a provocar problemas de inundacións en períodos de alta pluviosidade. Neste sentido, o desenvolvemento do proxecto contempla o correcto dimensionamento das infraestruturas hidráulicas e a mellora do sistema hídrico, recuperando canles naturais dos regatos Cerradas, da Fabrica e os Bravos. Crearanse así zonas verdes nas beiras, favorecendo á drenaxe natural e a un adecuado funcionamento hidráulico, podendo prever situacións de emerxencia derivadas dos efectos do cambio climático.
A Modificación Puntual Nº10 para o desenvolvemento do Parque Agroindustrial Transfronteirizo foi presentada nunha reunión o 9 de marzo de 2021 ao Vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e a Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. O proxecto do Parque Agroindustrial foi incluído na manifestación de interese de proxectos que a Xunta enviou ao goberno central para execución cos fondos Next Generation. Así, foi anunciada por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no último plenario da Comunidade de Traballo da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, a cal tivo lugar en Salvaterra do Miño o pasado 28 de xuño de 2021.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou a súa satisfacción polo colaboración institucional demostrada neste proxecto e agradece especialmente a implicación do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas, Dirección Xeral de Urbanismo e Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Segundo Sandra González “tal e como nos comprometemos, levamos a aprobación no primeiro pleno deste novo mandato este proxecto no que levamos traballando case 4 anos, sempre dende o diálogo e o consenso coas administracións sectoriais competentes e co tecido empresarial de Tomiño”.
O proxecto contempla a ordenación de case 650.000m2 de solo empresarial, dos cales se contempla a ordenación de 150.458m2 de actividades empresariais existentes e xérase 497.756m2 de novo solo empresarial. O Parque Agroindustrial foi presentado a asociacións de empresarios da Eurorrexión e conta co apoio expreso da Cámara de Comercio de Tui, Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Associação Empresarial de Viana do Castelo.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL