A Asociación de Jazz de Bueu e o Concello de Bueu promoven o I Festival Internacional de Jazz de Bueu, que se celebrará do 7 ao 10 de xuño en diversas localizacións da vila e que incluirá un total de sete actividades. Así o salientaron na rolda de prensa celebrada este xoves na que estiveron presentes Félix Juncal, alcalde de Bueu, Xosé Leal, concelleiro de cultura e Chus Pazos, presidente do colectivo impulsor, amais doutros músicos participantes no evento.
Leal destacou que o festival se organiza neste mes de xuño dado que coincide o Día da Música o 21, polo que “quixemos apostar por un evento de jazz que nace dende unha asociación e que nos últimos tempos está gañando adeptos”.
Neste festival agárdase a presenza de varios músicos internacionais (o baterista iraní Shayan Fathi, o baixista holandés Felix Barth e o saxofonista italiano Rosollino Marinello), das distintas comunidades da Península e cun especial protagonismo de músicos galegos.
A programación arranca o 7 de xuño cun concerto a cargo do Cuarteto do cantante e saxofonista lucense Antonio Otero, que se celebrará ás 21.00 h no Farol, e que combinará un espectáculo vibrante, cheo de swing e bo humor. Xunto a el estarán Álvaro Vieito á guitarra, Juansi Santomé ao contrabaixo e Antón Iglesias á bateria.
O 8 e o 9 celebraranse dous concertos centrais na Praza Massó con acceso de balde. O venres, a partir das 22 horas, será a quenda de JUZZ, a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio da Silva quen, xunto a Rosalino Marinello, Álex Salgueiro, Xan Campos, Felix Barth e Iago Fernández, ofrecerán un espectáculo que mestura o rock máis psicodélico e ácido de finais dos sesenta co pop avant - garde máis experimental, o noise, o stoner e o jazz, e que procura a liberdade e a esencia subversiva.
O sábado, á mesma hora, os asistentes poderán escoitar a música de Antonio Lizana Group, un saxofonista e cantante gaditano, expresivo, fresco, persoal e convincente, que introduce sabores e cores propias da súa terra, cun estilo que navega entre o flamenco e o jazz, lonxe do convencionalismo.
No programa tamén se inclúen dúas jam sessions e outras de jazz de mediodía en diversos locais hostaleiros da vila. Felipe Villar Trío actuará o 8 de xuño a medianoite no B-Living para ofrecernos composicións orixinais dos seus últimos discos “Home” e “Outro”, coa compañía do contrabaixista José Manuel Díaz e o baterista Max Gómez. O sábado tamén a medianoite actuarán no Aturuxo o Cuarteto de Sunil López, unha banda formada por Diego Alonso, Álex Touceda e Héctor Agulla, que presentarán temas que van desde o jazz máis tradicional ao contemporáneo, con tintes doutros xéneros como o rock ou a música clásica.
Finalmente están as sesións de jazz de mediodía. Precisamente, M.G.V. Trío actuará o sábado ás 13 horas no Leña Verde, da man de Miguel González (unha das novas promesas do jazz na nosa comunidade), Brais López e Íñigo Azurmendi, que farán as delicias das persoas asistentes cun espectáculo de jaxx vibrante, tanto polo dominio do instrumento coma pola calidade da linguaxe. E pecharán estas sesións, Pablo Sanmamed Trío o domingo ao mediodía en La Perfecta. O artista estará acompañado por Iago Mouriño e Bruno Couceiro, cos que se atreverá con composicións propias e revisitacións de compositores como o exipcio Ibraim Al Aryan ou Ariel Ramírez.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL