O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña estableceron unha colaboración estratéxica para levar a cabo un estudo sobre a contaminación luminosa nas rías de Vigo e Pontevedra.
Ambas institucións, pertencentes á Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS), únense co obxectivo de avaliar o impacto da luz nocturna na produtividade biolóxica destes importantes ecosistemas. Trátase dun novo exemplo de creación de sinerxías dentro da rede fomentada pola Xunta de Galicia, que está orientada ao fortalecemento da investigación de excelencia no ámbito nacional e internacional e da que só forman parte oito centros de investigación galegos.
A contaminación luminosa, un problema en crecemento nos últimos anos, non só impide gozar do ceo estrelado, senón que tamén afecta a numerosas especies nocturnas e pode ter consecuencias prexudiciais para a saúde humana. Neste contexto, o proxecto Gaia4Sustainability, coordinado polo CITIC e a Universitat de Barcelona, desenvolveu un modelo de brillo nocturno baseado nos datos do satélite Gaia da Axencia Espacial Europea (ESA). Ademais, crearon un fotómetro de baixo custo, chamado FreeDSM, para medir a contaminación luminosa de maneira estandarizada e accesible para a cidadanía.
A participación do CIM neste proxecto permitirá incluír medidas de contaminación luminosa na monitorización continua que se realiza das condicións físicas e químicas nas rías galegas. Para iso, instalarán unha unidade de FreeDSM na plataforma de experimentación e observación mariña da ría de Aldán e outra no pantalán da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat) do CIM, lugares ambos representativos da intensa actividade pesqueira na zona. O obxectivo é medir o grao de contaminación luminosa e avaliar a súa posible influencia na produción biolóxica.
O uso do modelo de brillo nocturno baseado nos datos de Gaia, combinado coas medicións precisas da contaminación luminosa mediante FreeDSM, permitirá obter unha avaliación máis completa e precisa do impacto da luz artificial nos ecosistemas. Esta información será fundamental para tomar medidas axeitadas que reduzan a contaminación luminosa e promovan sistemas de iluminación máis efectivos, respectuosos co medio ambiente e seguros para a saúde humana.
O director do CIM, Daniel Rey, explica que “este tipo de sinerxías de traballo entre centros de investigación da Rede CIGUS son de grande importancia para, non só abrir novas liñas de estudo vinculadas con necesidades actuais da sociedade, senón tamén para evidenciar a calidade da investigación que se realiza na nosa comunidade”. Igualmente, subliña que “para a conservación dos ecosistemas mariños e, como non, para o benestar da comunidade local, é imprescindible monitorizar a afección que supón unha cuestión tan de actualidade como a contaminación luminosa”.
Neste sentido, o director do CIM engade que “unha vez a comprendamos poderemos mitigala” e, para iso, todo o persoal investigador implicado no proxecto, Ana Ulla e o propio Daniel Rey por parte da Universidade de Vigo e do CIM; e Carlos Dafonte e Minia Manteiga do CITIC da UDC, ofrecerán cadansúa visión desde diferentes áreas de estudo para, entre todos, analizar a realidade na que se atopan a día de hoxe as nosas rías.
Rey insiste en que “as infraestruturas de investigación de última xeración do CIM demostran que son de grande utilidade para multitude de estudos. De aí a importancia de continuar cos investimentos na súa mellora e ampliación para que as súas capacidades sexan cada vez maiores e manter así a posición do CIM como referente na investigación mariña a nivel nacional e internacional”.
Pola súa banda, o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, destaca que “este proxecto supón outro avance máis na transferencia de coñecemento á sociedade desde o CITIC da UDC. Neste caso, ponse de manifesto a utilidade de determinadas solucións tecnolóxicas (un fotómetro) na industria do mar, en concreto a produción de mexillón, no contexto de contaminación luminosa e, en definitiva, do desenvolvemento sostible”. Ademais, González Penedo remarca que esta iniciativa destaca “pola súa versatilidade e aproveitamento de recursos, algoritmos, datos e outras investigacións dun programa como o de GAIA, de investigación espacial, para a investigación mariña máis innovadora”.
Respecto da colaboración co CIM, o director do CITIC mostrouse moi satisfeito porque “podemos fusionar talento e coñecemento con centros e universidades de referencia, sumando valor en proxectos de longo percorrido e por poñer o noso traballo ao servizo da sociedade demostrando, unha vez máis, a nosa capacidade de resposta ás súas necesidades”. Proxectos coma este poñen de relevancia “a importancia estratéxica de conectar centros de investigación como o CITIC e o CIM co tecido produtivo e social, unha conexión que debe ser impulsada desde as administracións como transmisor dos recursos públicos en beneficio de todos”.
O proxecto Gaia4Sustainability ten como obxectivo fomentar a participación cidadá na compilación de datos sobre a contaminación luminosa. O dispositivo FreeDSM, de fácil fabricación e baixo custe, estará dispoñible para institucións educativas, administracións públicas, empresas de astro-turismo e cidadáns interesados en contribuír á ciencia cidadá. Esta iniciativa busca concienciar á poboación sobre o problema da contaminación luminosa e promover un cambio de actitude cara a unha iluminación máis responsable.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL