A décimo quinta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento. Sigue quedando patente deste xeito a existencia dun público fiel, tanto local como foráneo, moi diverso e interxeracional.
O Festival continuou apostando polo reforzo da programación do mércores e a programación do xoves, aumentada nesta edición para conseguir atraer a xente xa dende os primeiros días do Festival ata o centro do Porriño. Malia o tempo inestable do xoves, as numerosas actividades programadas encheron a Praza do Concello do Porriño e o Círculo Recreativo e Cultural. A Noite Gía dos Videoclips erixiuse como unha das máis existosas e variadas na historia do Festival e, os cociñeiros Mahou Lucía Freitas e Beni Couso atraeron a público xa dende a metade da tarde ata a celebración do concerto de Esteban & Manuel, co que rematou a xornada.
A sección MiniCans e o Parque do río, o espazo pensado para os máis pequenos e pequenas, consolidouse como o gran punto de encontro para as familias dende primeira hora da mañá ata a posta do sol. No tocante á parte da programación pensada para os cativos, tanto o espectáculo do dúo Polo correo do vento coma o concerto de Magín Blanco, o Therefilme de Paulo Nimoy ou espectáculo do Mago Paco foron un auténtico éxito. Ademais, no noso Cans do Futuro e o Roteiro literario con Carlos Meixide pasaron preto de 1.200 escolares e estudantes de escolas e institutos.
O Espazo Mahou na Leira de Alicia continúa sendo un dos maiores puntos de encontro do Festival, con xente de xeito estable dende primeira hora ata a noite. Cómpre destacar o grande éxito que acadou o concerto Mahou Cinco Estrellas de Depedro -que reuniu a 500 persoas- ou a proxección do documental que el mesmo protagonizaba: Casamance, la historia de un viaje, dirixido pola realizadora Paloma Zapata e que tamén esgotou todas as súas entradas semanas antes da proxección.
A zona volveu ser escenario do terceiro “Dálle caña!”, un coloquio cun formato informal no que os curtametraxistas da sección oficial a concurso (ficción, animación e Furacans) e ExtraCans (sección internacional) presentaron as súas producións ante o público e debateron sobre a aventura de iniciarse no audiovisual. Na Leira de Alicia-Espazo Mahou tamén se desenvolveron nesta ocasión dous dos habituais Coloquios na Leira, protagonizados nesta ocasión polo cineasta Fernando Trueba e pola directora Gracia Querejeta, que completaron o aforo do espazo.
Na liña dos coloquios e encontros, aos anteriormente citados temos que sumarlles tamén a segunda edición do Encontro de realizadores e realizadoras de videoclips, o café con CREA -que contou coa presenza do director e guionista Borja Cobeaga– os coloquios con AISGE, que aos que asistiron Manuel Lourenzo, Pilar Pereira, Mariana Carballal, Berta Ojea, Nieves Rodríguez, Nieve de Medina e Tamara Canosa. Nesta edición, o festival quixo tamén incorporar unha masterclass á súa programación contando co experto da Universidade de Vigo Pablo Romero-Fresco e o cineasta galegos Alfonso Zarauza para abordar o papel do subtitulado como ferramenta para a diversidade cultural en relación ao audiovisual.
As seccións A que andas? e Fillos e Fillas de Cans continúan a ofrecer os mellores adiantos do que está a pasar no noso audiovisual. Nelas puidemos visionar as primeiras imaxes de Arima, de Jaione Camborda; ou os primeiros cinco minutos de La sombra de la ley, de Dani de la Torre, que amosou en exclusiva a produtora Emma Lustres.
Os concertos de Burning, Familia Caamagno e Triángulo de Amor Bizarro foron multitudinarios e encheron o Torreiro ata a bandeira, cun entregadísimo público de todas as idades. Ademais, os asistentes tamén responderon de xeito positivo en todas as actividades dos espazos de programación paralela do Festival: o Cans Voulevar, a o Cuberto de Mucha do Peso, o Baixo de Bugarín ou o Jalpón de Alicia.
Por outra banda, nesta edición a organización inaugurou tamén un novo espazo: O Cuberto e o Invernadoiro de Mucha do Peso. Este lugar, que estivo ateigado de xente durante os concertos de Kevin Weatherhill e Pantis, posicionouse como un dos favoritos dos asistentes, terá continuidade en próximas edicións do Festival de Cans.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL