O Concello do Porriño está a executar a mellora da accesibilidade e adecuación dos dous pavillóns do polideportivo municipal para garantizar a accesibilidade nas principais instalacións deportivas do municipio.
Os traballos, que "avanzan a bo ritmo", segundo indican dende o Concello, adaptarán o pavillón municipal ás necesidades dos e das usuarias con diferentes tipos de mobilidade, con percorridos accesibles que mellorarán os accesos, adecuándoas tamén para o desenvolvemento de actividades de deporte adaptado. Ademais, permitirán que os nenos e nenas dos colexios poidan facer uso destas instalacións.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes e Benestar Social, Abel Estévez, visitaron as obras acompañados polo presidente de COGAMI, Ángel Holguera, e o directivo da Federación, Celso Álvarez, para valorar conxuntamente o desenvolvemento das mesmas, xa que dende a entidade se está a asesorar o proxecto.
“As barreiras arquitectónicas destas instalacións perxudicaban a moitos usuarios, era unha cuestión pendente dende hai tempo que urxía atender xa que se trata dun lugar moi concurrido e do que todas e todos debemos disfrutar, sen impedimentos”, explicou o alcalde, “Contamos co asesoramento de COGAMI para facelo, xa que ninguén mellor que eles para asegurar un resultado que atenda ás necesidades reais das persoas con problemas de mobilidade”.
Engadiu o rexedor que a colaboración entre ambas entidades irá máis alá desta intervención, contando co seu asesoramento noutros proxectos a desenvolver. “No novo orzamento consignamos unha aportación a COGAMI de 6.000 euros para levar a cabo accións conxuntas dirixidas á inclusión efectiva, social e laboral das persoas con discapacidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Queremos facer do Porriño un lugar amable e accesible para todos”.
Os traballos no pavillón principal centráronse en garantizar o acceso á pista e ás salas de ximnasia para persoas con mobilidade reducida e na construcción dun vestiario adaptado ao mesmo nivel. Para iso construíronse dúas plataformas que permiten acceder de maneira segura ás instalacións dende o exterior.
No segundo pavillón a intervención centrouse na ampliación de espacios baixo a grada e a construción dunha plataforma de acceso e tamén da creación dun itinerario interno que conecte a segunda pista coa principal, permitindo desta maneira a mobilidade no complexo sen ter que saír ao exterior.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL