Obras, pasodobres, xotas ou "popurris" resoarán en Salceda este sábado co seu Festival de Bandas. Un ano máis as formacións populares serán protagonistas do Verán Cultural de Salceda de Caselas, e este ano dun xeito especial, pois o Festival de Bandas de Música celebra a súa edición número trinta.
O festival, organizado polo Concello de Salceda de Caselas e a Banda Cultural de Salceda contará coa participación da Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, nunha cita con entrada de balde que se realizará no patio do CEP Altamira, ás 21:30 horas deste sábado.
Unha cita tan importante como a deste ano tiña que contar cunha conmemoración á altura. Deste xeito, o festival contará un convidado de luxo, o compositor José Alberto Pina Picazo que actuará como Presidente de Honra do Festival, convidado pola Banda Cultural de Salceda. Ademáis, a agrupación local, pechará a súa actuación cunha das obras do mestre, "El Triángulo de las Bermudas" (2009).
Outra das conmemoracións parte da dirección da propia Banda Cultural de Salceda. Ao igual que no XXV Aniversario, o Festival contará cunha peza propia, composta polo seu director Juan Lois Diéguez.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, expoón que “a Banda Cultural de Salceda, foi, é e será para nós a principal liña estratéxica nas nosas políticas culturais. É un orgullo ter unha banda que nos representa polo País adiante e que leva 30 anos a organizar un festival que é xa un referente na programación de verán do noso Concello e polo que levan pasado máis de cincuenta agrupacións da península ibérica”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL