O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto polo que declara ben de interese cultural (BIC) na categoría de monumento o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera, en Covelo, na comarca da Paradanta. A declaración chega tras os informes favorables da Real Academia de Belas Artes, da Universidade de Vigo e do Consello da Cultura Galega e culmina así un proceso en que non se rexistraron alegacións.
O decreto valora o valor histórico do conxunto, que se califica como “mostra excepcional” da arquitectura da Diocese de Tui dos séculos XVI e XVII e, por extensión, da arquitectura barroca desenvolvida no medio rural galego. Tamén se valora a “elevada calidade” de todas as construcións e o uso dunha fábrica de cantería de granito que “lle outorga unha gran monumentalidade ao ben”.
Este é o primeiro paso da folla de ruta do Goberno autonómico para este conxunto, xa que a Xunta de Galicia ten previsto participar tras a redacción do proxecto en que se definan os seus usos e, despois, o Concello podería acollerse ao 1,5% cultural para acometer a rehabilitación do inmoble. Con este, declaráronse xa 107 BIC desde a entrada en vigor da Lei de patrimonio cultural de 2016, o que supón que Galicia teña na actualidade un total de 781.
O expediente inclúe o mapa que delimita o conxunto de edificacións, construcións e terreos protexidos. A liña exterior do denominado igrexario de Barcia de Mera é asimilable coa parcela catastral da que é titular a Diocese de Vigo-Tui e englobaría a totalidade do conxunto parroquial.
Para a delimitación do contorno de protección tomouse como referencia a topografía, tratando de definir a cunca visual, e empregáronse os elementos xeográficos que constitúen límites físicos de por si, como o río Alén, que tamén marca a división entre municipios e os camiños e estradas que acostuman separar eidos distintos e o parcelario histórico na escala máis miúda.
A declaración afecta un amplo conxunto de edificacións, construcións e terreos: a igrexa parroquial, a casa reitoral, as construcións e espazos vencellados a estas, o adro da igrexa e o igrexario. Tamén se protexe un total de 26 bens mobles procedentes do interior do conxunto arquitectónico de Barcia de Mera, entre os que se inclúen distintas tallas relixiosas e cruces procesionais e de relicario.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL