Despois de décadas de traballo, 64 persoas despedíronse entre os anos 2021 e 2022 da súa vida en activo na Universidade de Vigo. Pero a institución nos os quixo deixar marchar sen antes renderlles “unha merecida homenaxe” nun acto que tivo lugar este mércores no edificio Ernestina Otero do campus vigués no que lles foi entregada a insignia da UVigo.
A secretaria xeral, María José Bravo Bosch e a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Patricia Valcárcel, foron as encargadas de entregar a cada unha das persoas asistentes esta distinción. En total, no período 2021-2022 xubiláronse 64 traballadores, 27 do colectivo do persoal de administración e servizos e 38 do persoal docente e investigador.
A todos eles trasladou o reitor, Manuel Reigosa, os parabéns da comunidade universitaria polo traballo desenvolvido ao longo dos anos, “un traballo que deixou pegada na institución”. E é que como destacaba Reigosa, “cando comezamos a nosa andaina como institución parecía imposible que chegáramos a onde estamos hoxe, pero vendo as caras das persoas que se xubilan, tanto do PDI como do PAS, un entende que esteamos no posto que estamos e teñamos o recoñecemento que temos” xa que foron as persoas as que “fixeron que a institución medrase e atopase o seu oco dentro da sociedade galega”. Agora, coa marcha destes profesionais, engadía o reitor, “temos que facer fronte a un reto”, o da renovación.
“Temos unha Universidade maior, imos ter que substituír a moitas persoas e vai a ser difícil atopar o mesmo nivel dos que vos xubilastes este ano”. Ao tempo, Reigosa prometía “intentar que a Universidade de Vigo siga sendo igual de boa, que poida ser incluso mellor e que todos os que a levedes no corazón poidades no futuro estar tremendamente orgullosos deste neno que foi medrando e que agora é xa unha auténtica realidade”.
En nome do Persoal de Administración e Servizos xubilado interveu no acto Mª José Montero, quen exerceu durante anos como técnica superior en Prevención de Riscos Laborais. Iniciou a súa intervención facendo unha chiscadela sobre a brevidade da súa intervención, pois “é ben sabido que as persoas xubiladas non temos tempo para nada”. Fixo referencia a como a súa última etapa laboral estivo marcada polos meses de pandemia, “unha circunstancia que cambiou a nosa forma de relacionarnos e, tamén, a Universidade en xeral”. Facendo fincapé no feito de que xuntos se foi quen de superar situacións moi adversas, manifestou tamén o seu orgullo por formar parte dunha xeración que impulsou desde o seu nacemento unha institución que hoxe goza de prestixio. “Quen temos máis idade fomos gañando tamén o dereito ao propio lecer”, recalcou ante os aplausos dos seus compañeiros e compañeiras.
En representación do PDI tomou a palabra José Luis Legido, catedrático do Departamento de Física Aplicada e actualmente profesor emérito, que botaba a vista atrás para lembrar o ano no que se creou a Universidade de Vigo e amosou a súa satisfacción por ter podido participar no seu nacemento e posterior consolidación. “Para nós a Universidade de Vigo forma parte do noso desenvolvemento profesional, tanto a nivel docente como investigador e, polo tanto, sentímonos moi orgullosos de pertencer a este organismo”, subliñou, ao tempo que expresou o seu máis sincero agradecemento a todas aquelas persoas que participaron na organización deste acto.
Tras o acto, serviuse un petisco para que as e os asistentes puidesen lembrar vellos tempos e despedirse dos compañeiros.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL