O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, ven de desvelar o cartel dos catro días ao tempo que saca á venda as entradas soltas para cada unha das xornadas do festival.
O Revenidas comezará o xoves 7 de setembro coa presenza dun dos grandes nomes de referencia da nova escena latinoamericana como é Ana Tijoux, con Desakato, que ofrecerán en Vilaxoán o seu derradeiro concerto antes de despedirse como banda o 11 de novembro, a combativa activista feminista arxentina Sara Hebe, a gañadora do concurso Sonmidos Mans HYDN, o festivo colectivo madrileño de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The Skarnivals, Arrythmia e A Duendeneta, aos que hai que sumar un nome que se desvelará nas vindeiras semanas.
A segunda xornada do festival, ao venres 8, reunirá aos valencianos Zoo, a gran revelación da música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, aos tamén valencianos e igual de comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera, Zetak; o novo grupo de Evaristo Calvo, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta.
O sábado 9 de setembro o Revenidas recibe a Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto en Galicia deste ano. Ese mesmo día terá lugar o concerto especial do XX Aniversario de Dakidarría, con feixe de artistas convidados e que será gravado para se converter no primeiro disco en directo da banda do Val Miñor. Completan o cartel do sábado o músico asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos, A Duendeneta e unha banda que se anunciará en breve.
A xornada do domingo 10, na que se celebrará a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria, que serán os encargados de pechar o Revenidas 2023.
En vindeiros días a organización do Revenidas dará a coñecer as dúas bandas que completan o cartel, así como tamén todas as actividades paralelas aos concertos e os artistas que formarán parte da Gala de Circo, pero unha delas xa está filtrada. O 'streamer' e cantante do grupo Arrhythmia, Alberto Busto, descubría a pasada semana, coa saída do cartel case completo, que o grupo mexicano Panteón Rococó será un dos artistas que próximamente anunciará de xeito oficial o festival.
A partir de hoxe xa están a venda a través da web do Revenidas as entradas soltas para cada xornada. O prezo da entrada do xoves é de 30 euros, para o venres de 35 euros e para o sábado tamén de 35 euros, todas elas sen gastos de xestión incluídos. As entradas por días teñenu cupo limitado polo que é aconsellable mercalas coa maior anterioridade posible.
Todas as actuacións da xornada do domingo son de balde e con entrada libre. Mentres, o prezo do abono actualizarase a partir de este venres e pasará dos 57 euros actuáis a 62 euros máis gastos de xestión.
Tamén a partir de hoxe, os mozos e mozas que dispoñan de Carné Xove da Consellería de Política Social e Xuventude poderán beneficiarse dun 15% de desconto á hora de comprar o abono utilizando o código "CARNEXOVEFESTIVAIS", oferta válida para os primeiros 200 abonos. As persoas que accedan a este desconto deberán presentar o seu carné no acceso ao festival.
O elevado ritmo de venda de abonos do festival levou aos organizadores do Revenidas a habilitar unha segunda zona de acampada para poder dar acollida con comodidade a todos os asistentes que o desexen. O prezo por persoa é de cinco euros e pode adquirirse tanto co abono como coas entradas por días.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL