O Bloque Nacionalista Galego alerta sobre o intento da Xunta de Galiza de recortar a seguridade na Cidade da Xustiza e no Rexistro Civil de Vigo. A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Parlamento galego para esixir unha rectificación do concurso de vixilancia privada dos edificios xudiciais, que prevé unha redución do persoal e descarta a posta en marcha das gardas de 24 horas para os vindeiros tres anos.
“Claramente o persoal que recolle o prego de condicións non é suficiente para este servizo fundamental”, denunciou nese sentido a deputada do BNG no Parlamento galego, Carmela González, que xunto ao portavoz municipal nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo unha reunión con representantes sindicais de CIG-Servizos, que trasladaron a súa “preocupación” diante deste recorte de efectivos.
González explicou que o actual contrato conta con 11 persoas para vixiar os 19 andares da Cidade da Xustiza, ademais dun anexo e o aparcadoiro. Un cadro que, segundo o novo prego, pasaría a contar con tan só 7 persoas para realizar a custodia dos bens das sedes xudiciais e garantir a seguridade nas instalacións.
O responsábel do sector de Seguridade de CIG-Servizos, Pedro Pérez Caride, insistiu na “preocupación” das e dos traballadores de vixilancia e seguridade por este recorte de persoal e horas. “Son insuficientes tanto para a custodia dos bens do edificio como das persoas que alí van facer o seu traballo ou xestións nos poderes xudiciais da cidade”, denunciou. A central sindical xa presentou recursos impugnando o prego da licitación e urxe unha rectificación definitiva.
Desde o Bloque advertiron ademais de que a nova licitación supón, na práctica, descartar para os vindeiros tres anos a posta en marcha das gardas xudiciais de 24 horas, demandadas durante anos tanto pola fronte nacionalista como polo propio sector xudicial. “Este prego só contempla persoal para quendas de mañá, tarde e fin de semana, que tamén son recortadas respecto das actuais, pero non haberá quenda de noite”, criticou a deputada do BNG, que urxiu unha rectificación do Goberno galego do PP.
De por parte, o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, esixiu que a Xunta de Galiza deixe de maltratar a administración de Xustiza na cidade. “Parece que o único que lle preocupou ao Partido Popular foi unha vistosa inauguración dun grande edificio, pero o que precisamos é dunha administración de xustiza dotada dos medios necesarios para ser máis áxil e eficaz, e iso pasa, si ou si, por implementar xa as gardas de 24 horas”, manifestou.
Igrexas lembrou que os de Vigo e A Coruña son os únicos xulgados do Estado, con 8 xulgados de instrución, que inda non contan coa garda de 24 horas, unha reclamación “unánime do conxunto dos axentes xudiciais e tamén da cidade” que conta co aval do Consello Xeral do Poder Xudicial desde 2021 pero que inda non se efectivizou “pola negativa da Xunta do Partido Popular”. “A señora Marta Fernández Tapias, que estivo meses tirándose selfies na Cidade da Xustiza, debera explicarlle ás viguesas e vigueses porque temos que tragar con tanto maltrato dos seus xefes no Goberno galego”, afirmou interpelando directamente á ex Delegada Territorial da Xunta na cidade e actual portavoz municipal do PP.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL