Manuel Rivas chega este martes 22 de maio a Vigo para falar do seu último libro, "Contra todo isto", un 'manifesto rebelde' no que o escritor e xornalista galego que analiza a situación actual do sistema e invita ao lector ou lectora a unha loita para "arrincar a esperanza dos brazos do conformismo". O acto terá lugar na Librería Librouro ás 20:00 horas. Manuel Bragado e María Reimóndez, que vén de publicar "Galicia en bus", acompañarán ao autor.
Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña. Este libro está escrito contra Todo Isto. Todo Isto é descivilización. Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente. Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos. Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades. Todo Isto é o machismo como sistema. Todo Isto é a guerra contra a natureza. Todo Isto é domesticación intelectual. Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo. Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.
Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: “Todo ben” (1985); “Un millón de vacas” (1989), Premio da Crítica Española; “Os comedores de patacas” (1991); “En salvaxe compaña” (1994), Premio da Crítica Galicia; “Que me queres, amor?” (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; “O lapis do carpinteiro” (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); “Ela, maldita alma” (1999); “A man dos paíños” (2000); “As chamadas perdidas” (2002); “Contos de Nadal” (2003) reeditado na colección Fóra de Xogo como “Madonna e outros contos de inverno” (2015); “Os libros arden mal” (2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galega, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; “Todo é silencio” (2010), “As voces baixas” (2012) e ''O último día de Terranova'' (2015). Reuniu todos os seus contos no volume “O máis estraño” (2011). Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL