Sol e praia, pero tamén cultura, natureza e divulgación histórica. Un ano máis, un verán máis, o Concello de Moaña pon en marcha as rutas estivais de Descubre Moaña, un intenso programa de visitas guiadas gratuítas que se desenvolve ao longo de todo o ano con diferentes percorridos.
Desta vez, serán un total de 13 as visitas programadas entre o mes de xullo e setembro co gallo de traballar en propostas turísticas que ofrezan alternativas aos areais. A meirande parte das rutas Terán lugar os sábados e domingos ás 10:30 horas, pero, como noutras ocasión, tamén haberá dúas visitas a última hora da tarde do venres.
San Martiño, Canteiras do Litoral, O Último Barco, Historia das Rúas, Moaña Mariñeira, Poza da Moura, Intermareal de Tirán, Torre de Meira e Sendeiro da Fraga son as opción que se poderán escoller este verán. Aínda que as visitas son de balde, é preciso inscribirse previamente a través do WhatsApp 611 080 853 ou da web de Illa dos Ratos, que volverán ser os responsables de guiar aos participantes.
A visita apenas obrigará a camiñar, xa que os participantes percorren a contorna da igrexa. Os asistentes descubrirán a historia das casas e como apareceron aí e outros elementos propios dun dos barrios senlleiros do municipio. Desta vez, a ruta coincide coa celebración da festa de Moaña Antiqua, polo que amósase como un gran plan familiar no que aproveitar o día desfrutando da celebración.
Ao longo do percorrido os asistentes descubrirán a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.
Os guías da Asociación A Illa dos Ratos tratarán de que os asistentes vexan o centro da vila con outros ollos. A partir da idea de que os nomes das nosas rúas son deses elementos que asumimos que existen desde sempre e non adoitamos pararnos a pensar no por que do seu nome, deseñaron un percorrido por algúns dos lugares máis salientables e curiosos do rueiro da vila no que se fará referencia a historia de figuras ilustres relacionadas coa política, co mar, coa emigración, coa nosa historia… que polos seus méritos fixéronse merecedores dunha rúa co seu nome.
O turismo literario ocupa un papel fundamental nesta nova proposta de “Descubre Moaña”. Non é para menos. “O último barco”, o terceiro libro de Domingo Villar, é un éxito a nivel galego e nacional. Xente de tódalas partes ten curiosidade por visitar os escenarios da última aventura de Leo Caldas. Neste caso, os guías de A Illa dos Ratos levarán aos participantes por lugares fundamentais na novela como a Igrexa de San Xoán de Tirán, o Mirador da Moma ou o Marusía, o restaurante que namorou a Leo Caldas.
Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña.
O roteiro partirá dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias. O camiño continúa subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira. O premio final será a fantástica Poza da Moura, que ademais agocha lendas e historias.
Esta visita guiada, moi interactiva, está especialmente enfocada para toda a familia permitíndonos realizar un percorrido polas praias para coñecer a súa biodiversidade aproveitando para recoñecer bivalvos, crustáceos ou estrelas de mar.
Despois das escavacións realizadas, comézase a desvelar parte dun pasado incerto que inclúe diversas destrucións nas que interviñeron os irmandiños ou o mesmo Pedro Madruga. Na ruta ademais de interpretar as descubertas que se fixeron na torre, os asistentes coñecerán tamén os petróglifos situado a poucos metros, e gozarán das vistas dende un dos mellores miradoiros de Moaña, razón da situación da torre neste lugar.
Este percorrido de catro quilómetros, que arranca na desembocadura do río no areal da Xunqueira, continuará para dar a coñecer a importancia dos ríos, do seu ecosistema e do uso dos muíños. De feito, este sendeiro conta con até unha trintena de muíños que noutra época eran de vital importancia na agricultura do Morrazo.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL