O personal do centro médico privado Vithas Diagnóstico, pertencente ao grupo Vithas e con tres centros de traballo en Vigo, volveru realizar unha concentración, desta vez, ás portas das instalacións na rúa Paraguai da cidade, para reclamar acordos coa empresa que se traduzan en melloras salariais.
Despois da primeira concentración que tivo lugar no centro da rúa Troncoso o pasado luns, os traballadores manteñen as súas protestas para denunciar que “a recente actualización do convenio provincial supuxo pouco máis que a absorción de vellos complementos”, indican a través dun comunicado da CIG-Saude.
Ademais, dende o sindicato denuncian que o convenio provincial de referencia contempla soldos baixos e acumula unha gran perda de poder adquisitivo. Neste senso, lembran que noutras empresas do grupo a dirección chegou a acordos para mellorar os salarios, “pero neste caso non está disposta a negociar co comité de empresa de Vithas Diagnósticos Vigo”, aseguran, polo que anuncian que “nas seguintes semanas o conflito podería ir subindo de intensidade”.
O persoal explica que na empresa teñen presenza distintas profesionais, dende técnicos de laboratorio e enfermeiras até persoal de xestión, e que o actual convenio contempla salarios por debaixo dos 1.080 euros establecidos como salario mínimo interprofesional. “A perda de poder adquisitivo é evidente na última actualización do convenio, véndose agravada pola perda dos complementos que facían competitivos os salarios desta empresa”.
En consecuencia, dende a representación sindical, con catro delegados da CIG e un da CSIF, levan tempo solicitándolle á dirección o establecemento de acordos de empresa que actualicen as nóminas do persoal. “A resposta da empresa sempre foi negar a posibilidade de calquera tipo de diálogo”, aseguran dende o sindicato. É por isto que as mobilizacións no tempo de descanso do persoal continuarán o venres 23 no da rúa Lepantos ás 11:00 horas.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL