Un ano máis, os mercados de Vigo súmanse á celebración da Campaña Internacional “Love Your Local Market” (“Ama o teu mercado”) de promoción das cualidades naturais dos produtos que se poden adquirir nas prazas de abastos, así como dos vínculos entre os mercados, as persoas e a comunidade.
A campaña que comezou onte, coa celebración do “Mercado da Arte” no mercado do Calvario, levará diferentes actividades até o vindeiro día 8 de xuño aos mercados de Teis, As Travesas, O Calvario, O Progreso, Bouzas e Cabral. Visitas guiadas e obradoiros dirixidos a escolares, exhibicións de cociña, degustacións e catas, animacións “performance” e espectáculos na rúa encherán de vida os diferentes centros.
O concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e o xerente da Federación de Mercados Centrais da Comarca de Vigo (Mercacevi), Delmiro Hermida, foron os encargados de presentar a programación desta nova edición de “Ama o teu mercado” nunha rolda de prensa na praza do mercado de Teis.
Na súa intervención, tanto Rivas como Hermida fixeron alusión as vantaxes da compra nos mercados, e destacaron que a calidade, o trato e a atención, os bos prezos, a comodidade na compra, a cercanía e as boas seccións de alimentación fresca son os aspectos máis valorados polos clientes dos mercados vigueses.
Coa finalidade de mostrar as posibilidades culinarias da excelente materia prima que se vende nas prazas, terán lugar diversas matinés, nas que o público poderá gozar do ambiente dun gastrobar montado para a ocasión, unha animación “performance” con música de cabaré, unha cata de viño e un showcooking con degustación.
O mercado do Progreso acollerá a súa matiné o vindeiro venres, día 25; o do Calvario, o sábado 26; o de Teis, o día 1 de xuño, e o das Travesas, o día 8 de xuño. O sábado día 2 de xuño, ademais, o mercado do Calvario será o escenario dun flashmob onde o público poderá gozar tamén do ambiente festivo mentres realiza as súas compras.
Ademais, o día 22, no mercado de Bouzas, e o 29 no de Cabral, terá lugar unha actuación “performance” de dúas horas de duración –entre as 11.30 e as 13.30 h.– en torno á temática do cabaré, na que os actores interactuarán co público.
As visitas guiadas e obradoiros para escolares realizaranse entre os días 22 e 31 de maio aos mercados de Teis, O Progreso, O Calvario e As Travesas. Terán unha duración de unha hora e nelas os vendedores e vendedoras das prazas aportarán aos nenos e nenas as súas experiencias e divulgarán entre eles a importancia dunha alimentación a base de produtos naturais, así como o papel dos mercados tradicionais como espazos de encontro dos ámbitos rural e urbano, e na xeración de vínculos afectivos entre as persoas.
Nos obradoiros, impartidos por persoal especializado en pedagoxía, os escolares traballarán, así mesmo, os contidos temáticos e a filosofía que guía esta campaña de promoción dos mercados de proximidade.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL