O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu ao centro ecuestre Cearán do Céan (Nigrán) para felicitar persoalmente ao seu director, Alejandro Nande, proclamado Campión de España de Doma Clásica Paraecuestre por terceira vez. O binomio formado polo xinete nigranés e o seu cabalo de pura raza española Bruxo CAR, conseguiu alzarse a pasada fin de semana como campión de España 2023 na disciplina de Doma Clásica en categoría paraecuestre grao V, Nande ten tan actualmente só un 10% de visión.
"É unha honra para Nigrán contar cun deportista de elite que leva o nome do municipio por todo o país e que, persoalmente, é un absoluto exemplo de superación, constancia e disciplina", considera o alcalde, Juan González, quen o pasado mes de abril lle entregou a medalla ao mellor deportista masculino do Concello de Nigrán 2022.
Desde o ano 2019, última ocasión na que o xinete nigranense se alzou co título de Campión de España, Nande estivo afastado das pistas de competición e centrouse no seu traballo diario como adestrador deportivo, no seu centro ecuestre.
"Estou moi orgulloso porque Bruxo CAR é un cabalo elixido e adestrado persoalmente por min despois de que fose descartado para o deporte polo seu marcado temperamento e insubmisión", sinala o campión. "Desde que teño uso de razón son un apaixonado dos cabalos. Toda a miña vida quixen dedicarme profesionalmente ao mundo ecuestre e tiña moi claro que nacer cunha discapacidade dun 80% de visión e ter unha retinosis pigmentaria non ía ser un impedimento".
Durante estes anos son moitos os éxitos conseguidos desde o seu clube, tanto polos deportistas que adestraron con el como polos cabalos que pasaron polas súas mans, tanto a nivel autonómico como nacional. Sen ir máis lonxe o ano pasado o seu equipo de competición de amazonas foi proclamado terceiro a nivel autonómico na disciplina de doma clásica. "Os comezos non foron fáciles, pero son un autodidacta con moito tesón. Cada vídeo sobre doma clásica, cada concurso que ao que fun, cada oportunidade que tiven para aprender, aproveiteina. A día de hoxe, podo dicir que o camiño foi longo pero atopei moi bos amigos que me acompañan na miña viaxe!", subliña.
Tras este pequeno parón, Nande retomou a competición. No que vai de tempada xa participou en diferentes concursos territoriais como en nacionais. A nivel territorial, de momento, participou en categorías de cabalos novos con xinetes sen discapacidade e a nivel nacional na categoría paraecuestre, ambas as correspondentes coa disciplina de doma clásica.
A andaina para alcanzar o máximo titulo a nivel nacional comezou coa participación do binomio no Concurso Nacional, clasificatorio para o Campionato de España, celebrado no Centro Hípico Equus Duri de Zamora os días 29 e 30 de abril de 2023. Tras uns fantásticos resultados confirmouse a clasificación para a participación no Campionato de España, que tería lugar no Centro Hípico madrileño das Cadeas, celebrado entre os días 1 e 4 de xuño.
Así, o pasado día 29 de maio poñían rumbo á capital Alejandro Nande xunto ao seu cabalo Bruxo CAR. "A experiencia vivida durante estes días no Campionato de España serviunos unha vez máis para comprobar o tesón e a forza de superación de Alejandro que, tras un comezo complicado soubo mellorar os seus resultados diariamente ata alcanzar o posto de honra", sinalan desde o clube.
A tempada 2023 xa comezara con moi bo sabor de boca para Alejandro, que no mes de abril xa fora galardoado polo Concello de Nigrán como mellor deportista masculino, e espera "poder seguir cultivando bos resultados no que resta de tempada, tanto persoais como do equipo de competición e cabalos".
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL