Xa non quedan entradas para asistir á nova edición do festival Sinsal, que se celebrará do 21 ao 23 de xullo na illa de San Simón, en Redondela. O evento esgotou todos os abonos e billetes de día dispoñibles para asistir a un dos encontros sonoros máis singulares do panorama musical estatal, que ofrece cada ano a posibilidade de gozar dunha pequena mostra da creación contemporánea nunha contorna inigualable. Serán tres xornadas de directos con propostas musicais diversas en canto o estilo e a orixe das máis de vinte bandas e solistas que conformarán o cartel secreto: o público só coñece quen actúa cada día unha vez desembarque na illa.
Alén da programación musical, o Sinsal contará, como é habitual, cunha ampla programación de actividades paralelas que porán en valor o patrimonio natural, cultural e histórico do arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón. Entre elas estarán os as exitosas visitas guiadas que o ano pasado esgotaron todas as prazas dispoñibles, ou as rutas en pedal surf, unha actividade náutica sostible que estará dispoñible as tres xornadas do evento.
Así, o sábado 22, o público poderá botar unha ollada á enseada de San Simón desde a experiencia cotiá das mariscadoras e pescadores da parroquia da man de Amarturmar, a asociación cultural de mulleres e homes do mar de Cesantes. As e os asistentes coñecerán a diversidade mariñeira do lugar, mais tamén a súa actividade económica, o papel da economía circular e, de xeito especial, como o cambio climático está a transformar os recursos naturais da zona. Ao día seguinte, o domingo 23, celebrarase unha nova edición do Paseo Islario Marabilloso, unha ruta guiada polo investigador Xosé Lois Gutiérrez Faílde na que o público tecerá un imaxinario particular fiando os relatos e as memorias do lugar.
Outras das actividades con boa acollida entre o público e que volverán ter espazo na edición de 2023 serán as rutas de pedal surf arredor do perímetro do arquipélago, unha proposta duns 30 minutos de duración e apta para público familiar que permitirá coñecer de perto o patrimonio natural da illa á vez que se escoitan os concertos desde unha táboa estable e segura; ou os obradoiros para todos os públicos que terán lugar na capela de San Simón. Se ben o ano pasado versou sobre a creación de escenografías a partir de crebas e outros refugallos, este ano abordará a creación de ambientes visuais e sonoros a través de diferentes dispositivos e artefactos.
Nas vindeiras semanas daranse a coñecer as actividades musicais vinculadas ao proxecto didáctico e divulgativo A Escola Sinsal que se realizarán na illa durante o festival. Todas elas, de carácter gratuíto, afondarán na cuestión do rexistro sonoro e na gravación magnética. Entre estas actividades están as Audicións San Simón, unha proposta que revivirá a primeira máquina de discos con música gravada instalada no espazo público a finais do século XIX.
Coa idea de poñer en valor o feito da escoita colectiva de música, o festival propón, durante o seu desenvolvemento, unha serie de sesións en aberto onde o público poderá revivir ese momento histórico. Os cilindros a reproducir nesa instalación do artista Aleks Kolkowski serán gravados cos arquivos de audio que envíe o público respondendo á pregunta ‘Que é a música para ti?’, que dá nome á convocatoria homónima. Para participar, as persoas interesadas -asistentes ou non ao festival- poderán enviar a súa resposta a través dunha nota de voz, dun máximo de dez segundos de duración, á liña de Whatsapp 674 485 137. O prazo manterase aberto até o 21 de xuño.
Todas as respostas poderanse escoitar, de xeito colectivo, entre o 21 e o 23 de xullo en San Simón, concretamente, na exposición da Escola Sinsal. Alén da exhibición, o festival tamén programará un taller específico, que impartirá a investigadora Sarah Rasines, sobre a fixación de música en soportes, concretamente, con cintas de cassete.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL