O Bloque Nacionalista Galego de Vigo recolle o impulso recibido nas urnas o pasado 28 de maio para poñerse en marcha “desde xa” co obxectivo de ser a alternativa política na primeira cidade galega. Así o vén de definir a Comisión Permanente do Consello Local, que onte se reunía apenas 24 horas despois dunha xornada electoral que se traduciu nun importante salto adiante da fronte nacionalista triplicando a representación institucional no Concello de Vigo.
O órgano executivo do BNG local valorou moi positivamente os resultados atinxidos que fixeron do BNG a forza que máis subiu na cidade. Da análise en detalle do escrutinio, as nacionalistas poñen en valor o feito de ter sido segunda forza en 41 mesas electorais e tamén o importante voto recibido nas parroquias e o apoio decisivo da mocidade. Aliás, subliñan que, malia as dificultades que supón o sistema D’Hont, o BNG quedou a menos de 7 votos por mesa de lograr un cuarto asento no salón de Plenos.
O candidato á Alcaldía e futuro Portavoz do Grupo municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, fixou que o obxectivo deste mandato ten que ser o de “avanzar moito máis”. “Nos últimos catro anos, cun único concelleiro, fomos quen de nos referenciar como a verdadeira oposición, pero unha oposición construtiva e con propostas. Agora, co empurre das máis de 15 mil persoas que votaron BNG o pasado 28M imos traballar para sermos de novo unha forza determinante e converternos na alternativa das moitas viguesas e vigueses que saben que Vigo merece máis e que queren abrir un tempo novo na maior cidade de Galiza”, afirmou, tendendo a man tamén ás case sete mil persoas que ficaron sen representación, pola inxusta exclusión do 5%, e aquelas que malia ter unha posición crítica co actual Goberno municipal non acudiron a votar este domingo.
Nese obxectivo, Igrexas chamou a “non perder nin un minuto e a traballar desde xa, a pé de rúa, facendo política coa xente e entre a xente, intensificando a nosa iniciativa política e estreitando inda máis o noso contacto e cooperación cos movementos sociais”. “Na noite electoral dixemos que non nos conformabamos con este resultado, porque o que queremos é sumar a moitas máis viguesas e vigueses que soñan cun Vigo diferente para facermos posíbel a mudanza que precisa a nosa cidade” remachou.
A xuntanza da Comisión Permanente serviu para comezar a planificar traballo do vindeiro mandato, tanto no que ten a ver na organización do futuro Grupo municipal como tamén na definición das liñas de actuación. Unha tarefa que será completada polo Consello Local e pola Asemblea de militantes da fronte nacionalista que se celebrarán nos vindeiros días.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL