Neste ano 2023, o Día Internacional dos Museos ten como lema "Museos, sostibilidade e benestar". Estes tres conceptos son tamén a base do proxecto Casas de Cartón, un obradoiro de material reciclado que organiza o museo Marco de Vigo e coordina o profesor do Departamento de Pintura da Universidade de Vigo, Ignacio Pérez-Jofre.
O taller, promovido polas ONG Emaús e Provivienda, arrancou o pasado 18 de maio, precisamente o Día Internacional dos Museo, e esténdese ata o vindeiro 8 de xuño aberto á participación de calquera persoa, colectivo ou asociación, individualmente ou en grupo, sempre previa inscrición.
Trátase dunha iniciativa de creación colectiva na que, a través dunha serie de talleres nos que participan persoas interesadas, colectivos, asociacións e grupos de escolares, “construiremos casas a partir de pezas de cartón, coas que posteriormente montaremos unha grande instalación na rúa”, explica Pérez-Jofre. A finalidade é incentivar unha reflexión sobre as implicacións metafóricas derivadas da unión dun material como o cartón e un motivo, neste caso as casas, e a capacidade de xerar un pensamento visual crítico sobre urbanismo, arquitectura, desigualdade e exclusión residencial.
Como explica o seu impulsor, o proxecto "Casas de Cartón" sitúase no propio núcleo do lema elixido polo ICOM para esta edición 2023 do Día dos Museos, Museos, sostibilidade e benestar e é así tanto polo material elixido como polos seus contidos e connotacións simbólicas, polos seus obxectivos e pola metodoloxía. Ademais, esta proposta xa tivo unha experiencia piloto o pasado ano no local de Emaús e como culminación realizouse unha mostra pública na Ronda de Don Bosco, en Vigo.
O taller é de balde e desenvólvese os xoves e venres de 18:00 a 20:00 horas na galería B3 do museo Marco conducido polo propio Pérez-Jofre coa colaboración de Julio Catalán, Álex Fuertes, Gloria Lorenzo e Marta Regojo. A inscrición debe realizarse en participa@emaus.com e tamén existe a posibilidade de realizar visitar para grupos de escolares a partir de 3 anos de martes a venres, de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00 hora para o que é preciso solicitar unha cita previa cita en comunicacion@marcovigo.com.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL