O Paseo da Corredoira acollerá o próximo xoves, 17 de maio, a XXI Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías Espazo Lector Nobel e Iris. A presentación deste evento tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e os representantes das librarías Iris, Pilar Fernández, e Espazo Lector Nobel, Javier Oliveira.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, congratulouse da continuidade desta feira e amosou o seu convencemento en que será un éxito nunha xornada para celebrar a lingua, a cultura e o libro. Salientou que “o libro ten moitísima importancia para construír sociedades máis libres, sociedades máis plurais, máis tolerantes” polo que “dende o concello imos seguir apostando polo libro, como un elemento fundamental para facer un Tui mellor”.
O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, comezou cunha lembranza para Librería Valverde, que por vez primeira non participará na feira ao pechar as súas portas a finais do ano pasado. A continuación explicou o programa previsto que comezará coa inauguración da feira pola escritora tudense Conchi Regueiro, autora de “Tempos Agradables” pola que recibiu o III Premio de novela Mulleres Progresistas no 2001; “Un marciano neste mundo” co que foi finalista do I Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2004, “A herdanza do Marqués”, “Dez arcos de vella”, “O tesouro das ánimas”, e “Un burato no aire”. Ao longo da xornada actuarán o grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas, a Coral Ponte das Febres, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, o grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro e a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui. Pero amais Saleta Fernández achegará o contacontos “Pan e chocolate”, haberá un obradoiro de marcapáxinas, circo de rúa con Pajarito e o espectáculo “A vida tola” e teatro de rúa con Ghazafelhos e a obra “O vendedor de fume”.
Pilar Fernández da librería Iris explicou que presentarán as últimas novidades editoriais, a obra e biografías da autora homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno, unha pequena mostra de libros portugueses e as obras do autores tudenses.
Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel sinalou que levarán á feira 500 títulos de 30 editoriais destacando a obra “A Nova Nursia” sobre Frai Rosendo Salvado e Aloianos de Alberto Romer. Nos quince postos que haberá na feira as librarías tudenses Espazo Lector Nobel e Iris ofrecerán un 10% de desconto.
Programa previsto
• De 11 a 13h emisión especial en directo da Radio Municipal de Tui
• Ás 11.00 h Acto de apertura a cargo da escritora tudense Conchi Regueiro
• Ás 11.10 h Actuación do grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas
• Ás 11.30 h Actuación da Coral Ponte das Febres
• Ás 12.00 h Contacontos con Saleta Fernández con “Pan e chocolate”
• Ás 13.00 h Actuación da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos
• De 16 a 19 h Obradoiro de Marcapáxinas. Inicio cun contacontos do libro falado e en lingua de signos do libro “A festa no faiado” de Mª Victoria Moreno
• Ás 17.30 h Actuación do grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
• Ás 18.30 h Circo de rúa con Pajarito con “A vida tola”
• Ás 19.30 h Teatro de rúa con Ghazafelhos con “O vendedor de fume”
• Ás 20.30 h Actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui
.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL