Jesús Vázquez Almuiña retorna novamente á política municipal como candidato do Partido Popular en Baiona, onde foi alcalde entre 2004 e 2015, cando foi nomeado conselleiro de Sanidade. Agora, regresa co obxectivo de lograr a maioría absoluta perdida polo PP en 2019. Pase o que pase, asegura, a súa implicación con Baiona “será de catro anos”.
Pregunta. Que sente ao regresar de candidato a un concello no que gobernou xa durante tantos anos?
Resposta. Unha ledicia de volver ao pobo no que nunca deixei de estar. Evidentemente alegría pero tamén responsabilidade. Coñezo perfectamente a carga dun alcalde dun concello como Baiona pero a asumo con enorme alegría.
P. Que valoración fai destes catro últimos anos do Goberno de Baiona?
R. Moita xente está dicindo o que vemos todos. Seguramente é o peor goberno dos últimos 40 anos cunha parálise total e absoluta. É un retroceso que non se explica soamente pola pandemia.
P. Cales son eses puntos negativos que considera vostede?
R. O Urbanismo está paralizado, licenzas de máis de dous anos para conseguilas... pero tamén todos os servizos básicos. Limpeza e xardinería e o resto de servizos están cunha calidade moi mala. Iso é por falta de compromiso e falta de sensibilidade do goberno tripartito, que non atendeu as necesidades do Concello.
P. Chega despois de ser presidente do Porto de Vigo e coñece Cabo Silleiro. Cal debe ser o plan para ese espazo?
R. Creo que o actual goberno non soubo nin facer a compra dos terreos. En todas as localizacións se conseguen con cesións por parte do Ministerio. Non ten sentido pagar por terreos que incluso algúns non estaban rexistrados. Creo que aí hai que facer un gran espazo medioambiental, a porta de entrada á Ría, coas Illas Cíes e dous faros nesa localización e as baterías militares. É un espazo fundamental como atractivo, non só para a xente de fora senón para todos os veciños de Baiona.
P. Mencionaba o turismo, como debe evolucionar a oferta turística de Baiona?
R. Temos que ir cara un turismo sostible. Iso é algo que está no ADN de Baiona. Naceu o turismo precisamente polas augas da Concheira e a partir de aí comezou a crecer, pero hai que facelo de forma ordenada e con protección ao medio ambiente. Naquel momento se construíu a depuradora e se ampliou o embalse. Agora temos que facer a estación potabilizadora, unha ETAP nova que de calidade a auga. Pero temos que aproveitar o Camiño Portugués da Costa, que loitamos moito para conseguilo. É unha fonte importantísima de xente que entra na vila. Hai que mellorar as infraestruturas turísticas no Camiño e aumentar as actividades para que toda a xente que pase por Baiona saiba que pode facer a nivel cultural, de visita, gastronómico, etc.
P. Cales son os plans do Partido Popular para desestacionalizar ou cambiar o programa actual?
R. Nestes anos se perderon festivais importantes como era o que se celebraba na praia dos Frades. O que se están a facer son moitos concertos no mes de maio, xusto no mes das eleccións. Nós sempre fixemos actuacións para desestacionalizar a visita a Baiona e que os veciños tamén desfruten de contido ao longo de too o ano. Conseguimos tamén que a Arribada fora de interese turístico nacional e internacional e hai que seguir por aí. Temos a Santa Casa, unha sociedade de máis de 500 anos que é un referente, igual que a Semana Santa. Hai moito elemento histórico, cultural e gastronómico que hai que potenciar e levalo ás novas tecnoloxías.
P. Dende o PSOE censuran que nunha entrevista dixo estar obrigado a acudir a Baiona. É así?
R. Evidentemente non. Sinto un gran respecto e orgullo por ser veciño de Baiona e por ter sido alcalde. Teño unha responsabilidade polo traballo feito anteriormente e tratar que estes catro anos perdidos os poidamos recuperar. Sinto que Baiona quedou atrás e veño encantado a intentar, polo menos, presentar os proxectos que teño para que os veciños se o consideran oportuno poidan nomearme alcalde da vila para traballar arreo en catro anos. Non vou facer o último mes, vou traballar catro anos.
P. Que gran proxecto quere poñer en marcha nesta lexislatura se goberna?
É triste dicilo, pero o primeiro ano ten que ser para poñer en funcionamento o Concello, que está paralizado. A partir de aí, mellorar infraestruturas de todo tipo, dende educativas a deportivas pasando pola ETAP. Sobre todo, un aspecto que non conseguimos tras aprobar xa tres PXOM. Precisamos dar un pulo á vivenda, nova e de rehabilitación. O Urbanismo está paralizado e é fundamental facer que se constrúa e se rehabilite. O Casco Histórico ten que estar dentro do Plan Rexurbe da Xunta para que moita xente nova que quere seguir en Baiona, ou xente que quere vir aquí poida facelo.
P. Ter estado no Porto de Vigo sente que outorga algún tipo de coñecemento para aplicar na Alcaldía?
R. É unha experiencia de dous anos e medio con proxectos moi interesantes de relación porto-cidade. Coñecementos como converter en hotel e restaurante un dos faros máis importantes de Galicia como Cabo Silleiro, e despois o proxecto de Nacións Unidas de Economía Azul, crecemento sostible onde hai que respectar o desenvolvemento económico pero sobre todo coidar o noso medio ambiente. E a sustentabilidade social para que a xente nova poida quedar no seu concello cun emprego digno de calidade.
P. Nas últimas eleccións o PP viuse prexudicado polo auxe de Ciudadanos, nestas non irá pero está Vox. No caso de non lograr maioría absoluta estaría aberto a un goberno de coalición?
R. Temos claro que queremos gobernar. Somos un partido de goberno e así o demostramos durante os 11 anos que estiven na Alcaldía. Soamente penso en lograr unha maioría absoluta. Os gobernos tripartitos como o último son un mal exemplo porque ao final hai tres exemplos que non están coordinados e soamente se poñen en común no día que elixen alcalde e hai continuas liortas. Iso non pode ser, por iso pido apoio maioritario para que o PP poida dirixir o Concello de Baiona con estabilidade.
P. Cal sería un mal resultado?
R. Non penso niso. Penso no que hai que conseguir. O fin é gobernar e facer proxectos. Loxicamente para facer proxectos tes que gobernar e para iso tes que conseguir unha maioría absoluta que dea estabilidade. Todo o que non sexa iso son dificultades que non beneficia a Baiona. As probas xa pasaron e é momento de gobernos con experiencia, unidos e coordinados.
P. No caso de que non logre formar goberno, seguirá na corporación?
R. O meu compromiso son catro anos de traballo. Evidentemente prefiro estar no goberno porque se poden facer máis cousas, pero a miña implicación con Baiona vai ser de catro anos.
P. Que é o que máis lle ilusiona?
R. O máis importante sería consolidar a poboación en Baiona, que a xente moza poida convivir, crear unha familia e poder traballar por e para Baiona. Temos unha área metropolitana con moita variedade e Baiona debe ser un lugar ideal para fixar esas familias. É onde está o futuro, onde hai crecemento de poboación hai mellores servizos e un Concello de futuro.
P. Que se xoga Baiona este 28 de maio?
R. Xógase moito. Se non hai un goberno estable con experiencia pódense frustrar moitísimos proxectos, sobre todo nun momento no que Europa está a levar até os concellos mais pequenos fondos moi importantes para facer unha transformación. Por iso é fundamental que rememos nunha dirección dende o primeiro día. Non esperar tres anos e medio para un proxecto en común. Hai que buscar financiación para os grandes proxectos onde corresponda. Aí estaremos, sempre con proxectos e con razóns fundadas para traer a Baiona o que nos merecemos e soñamos.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL