A noticia do falecemento este sábado do mergullador e fotógrafo submarino José Luis González, director da Semana de Cine Submarino da UVigo, consternaba a comunidade universitaria. González faleceu nun tráxico accidente durante unha inmersión en augas de Moaña. A media tarde tívose noticia da desaparición dun mergullador, tras varias horas sen que o seu compañeiro tivese noticias del. Tras despregarse o dispositivo de busca e rescate, a final da tarde recuperábase o corpo sen vida e confirmábase a súa identidade.
Asturiano de nacemento, González era un experimentado fotógrafo subacuático, obtendo en 2002 o título de campión mundial. Como un dos principais impulsores da divulgación submarina, en 1985 puxo en marcha a Semana do Cine Submarino de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e o dende Club Subacuático Ría de Vigo. Durante as súas 31 edicións traballou por converter este festival nun foro de divulgación e debate co fin de preservar a vida mariña e nunha cita obrigada para os amantes do mar e do cine.
A primeira edición da Semana de cine submarino de Vigo remóntase a 1985. Neste longo percorrido, José Luis González sempre tivo as rendas deste certame que puxo o foco nos océanos máis profundos, na biodiversidade das rías galegas ou as augas continentais. Na presentación da 30º edición, en 2021, González facía balance do seu esforzo por manter vivo este evento, que naceu para “apoiar aos documentalistas galegos”, xa que este tipo de producións non conseguían chegar a emitirse polas televisións. Laiábase de que “as circunstancias cambiaron, os recortes das subvencións fixeron que as axudas non chegaran nin para pagar o combustible dos barcos” e na actualidade este tipo de producións desapareceron. Con todo, continuou loitando e traballando coa Universidade de Vigo para que o cine submarino e a biodiversidade mariña seguisen tendo neste ciclo o seu escaparate e para achegar ao espectador a posibilidade de gozar de pezas audiovisuais que non chegan ás televisións de balde e, en moitos casos, tampouco ás de pago.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL