“Alicia fai cousas” conta a historia dunha moza de 25 anos á quen se lle meteu na cabeza que está aburrida e mentres se prepara para unha audición pensa se debería apuntarse a algún curso ou se vai ou non a unha festa. O guión premiado é do propio Ángel Santos e de Pablo García Canda e o premio á mellor actriz foi para a súa protagonista, Alicia Armenteros.
Angel Santos é un cineasta cunha longa traxectoria que xa presentou en Cans en 2015 a longametraxe “Las altas presiones” e que na pasada edición do certame obtivo o premio ao Mellor Guión por “Así vendrá la noche”. O xurado (composto por Santi Prego, Isabel Ruíz Lara, Carla Subirana, Alberte Branco e Nerea Barros) xustificou o galardón á Mellor Curta de Non Ficción a “Alicia fai cousas” pola determinación amosada para ir á contra da linguaxe dominante.
O resto de premios na categoría de Ficción/Animación foron para Eduardo Rodríguez Cuña “Tatán” (Mellor Actor por “O coidado”), Mario G. Cortizo (Mellor BSO por “O neno sardiña”) e Paula Quiroga (Mellor Fotografía por “Ulises”). Ademais, o xurado fixo dúas mencións especiais, unha para o director Félix Brines polos seu traballo en “Ulises” e outra para os guionistas Lorena Ares e Carlos Fernández por “Amanece la noche más larga”.
Na sección Furacáns, dedicada ás curtametraxes de non ficción, o premio foi para a curta “Mariví, na pel da memoria”, das irmás Coral e Laura Piñeiro, que conta a historia da correspondencia entre dúas persoas que naceron na mesma vila. Unha delas é Mariví, a filla dun alcalde republicano que tivo que exiliarse con 14 anos por culpa do golpe franquista. O xurado tamén fixo unha mención especial á “Ningún Deus”, opera prima de Miriam Opazo Ojea.
No que se refire á sección Novas Camadas, na que competiron os realizadores menores de 25 anos, o premio foi para “Despois de ti”, da realizadora Paula Pereira. É unha curtametraxe rodada nas Illas Cies dentro do concurso de curtas “Desafío Illas Cíes”.
O festival pecha esta noite a edición do seu 20 aniversario cun balance moi positivo pola gran afluencia de público rexistrada e o bo ambiente que marcou o desenvolvemento do certame, que por primeira vez estendeu a súa programación durante cinco días e contou con máis de 25 actuacións musicais, ademais das distintas proxeccións das seccións competitivas e non competitivas e múltiples actividades paralelas (coloquios, roteiros, visitas de colexios, etc).
Directores como a franco-armenia Valérie Massadian e o galego Enrique Otero e destacados actores como María Vázquez, Luis Zahera, Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, Diego Anido ou Tamar Novas estiveron presentes nesta edición aniversario do evento.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL