A xornada do venres está a resultar unha das máis intensas da XX edición do Festival de Cans, con moitas visitas de actores e directores moi destacados e unha programación moi diversa con proxeccións, música, homenaxes, coloquios e actividades paralelas que están a contar cunha importante participación de veciños da aldea e visitantes. O actor Javier Gutiérrez xa deixou á súa pegada no Torreiro das Estrelas (a súa placa foi substituída ao resultar danada) e esta tarde tamén a deixarán a actriz Nathalie Poza e Luis Zahera, actor premiado co Premio Pedigree de Cans nesta edición.
A mañá de hoxe estivo marcada por diversos coloquios polos que pasaron a directora franco-armenia Valérie Massadian –protagonista da sección Foco Internacional nesta edición– os actores Diego Anido e Tamar Novas e parte do equipo da película “Honeymoon”, co seu director Enrique Otero, a actriz Nathalie Poza e o actor Javier Gutiérrez. Massadian visita por primeira vez Cans, aínda que xa estivera en Galicia con anterioridade en 2018. Sinalou que nestes días que leva no festival está a percibir como a xente ten un gran desexo por compartir “cine, música e pensamento” e destacou a importancia que ten a implicación da xente da aldea no evento.
“Considero que a miña forma de facer cine é un acto de resistencia e un intento por compartir co espectador esa sensibilidade do ser humano que creo que está desaparecendo. Os meus filmes non poden explicarse hai que sentilos e neles trato de facer un acto de amor por esas persoas que están a ser maltratadas pola sociedade”, explica a realizadora. Mañá sábado poderá verse no Baixo de Carlos unha retrospectiva sobre as curtametraxes de Massadian, con pases ás 10:30 e 13:30.
Polos coloquios patrocinados pola Fundación AISGE pasou tamén hoxe pola mañá Diego Anido, un dos actores galegos máis destacados destes últimos anos. Anido explicou que esta é a súa primeira vez en Cans aínda que xa tiña referencias do festival por amigos hai moito tempo. “Gústame moito o concepto deste festival, é moi accesible e desde logo se ve que a xente pon moito corazón á hora de organizalo e de participar nel”, indicou o actor galego que está a triunfar co seu recente papel en “As Bestas”. Destacou ademais o bo momento do audiovisual en Galicia que percibe sobre todo en que actualmente nas rodaxes feitas no país case todo o persoal técnico é galego.
Ao final da mañá celebrouse un coloquio sobre a película “Honeymoon” –que onte foi exhibida na apertura oficial do festival– no que participaron o seu director, Enrique Otero, e os actores Javier Gutiérrez e Nathalie Poza. Posteriormente, Gutiérrez deixou a súa pegada no Torreiro das Estrelas de Cans. O actor nado en Asturias pero que creceu en Ferrol xa tiña a súa estrela alí pero resultara danada e volveu a pousar as súas mans sobre o chan do Torreiro. Xusto despois do coloquio volveu a reencontrarse co veciño de Cans Juan do Peso, co que mantén unha relación moi especial dende hai tempo.
A noite de hoxe contará coa presenza do actor Luis Zahera, galardoado nesta edición co Premio Pedigree de Honra, que deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas e posteriormente recibirá o premio durante a Noite das Homenaxes na que tamén recibirán as súas distincións a actriz Melania Cruz, o crítico de cine Angel Suanzes e a veciña de Cans Mari da Carreira. Os tres foron premiados cos Chimpíns de Prata desta edición. Trala entrega de premios terá lugar un dos principais concertos deste ano en Cans protagonizado pola grupo Los Punsetes, que actúan no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río a partir das 23:30.
A xornada de mañá, a última do festival, contará tamén cunha programación moi intensa na que destacan especialmente as proxeccións das seccións oficiais –Ficción, Animación e Furacáns–, a retrospectiva de curtas de Valérie Massadian e as actuacións musicais de Mallou, Rosalía Fernández Rial, Nano Stern, The Limboos, Tony Lomba e Mr. Kilombo, entre outras. Ás 23:00 terá lugar a entrega de premios.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL