Sica, a coprodución galego-catalá dirixida por Carla Subirana e rodada na Costa da Morte que competiu nos festivais de Berlín e Málaga, chega este venres 19 de maio aos cinemas con 50 copias en versión orixinal galega que se poderán ver en toda España. En Galicia o filme exhíbese en 25 cinemas comerciais.
O equipo do filme celebra este xoves a súa a súa preestrea oficial en Carballo, nun acto que comezou ás 20:00 horas nos Cines Bergantiños e conta coa presenza da directora Carla Subirana, a actriz Núria Prims, e os tres actores adolescentes da Costa da Morte Thais García Blanco (15 anos, de Cabana de Bergantiños, protagonista da película no papel de Sica), Marco Antonio Florido Añón (16 anos, de Carballo, interpreta a Suso) e María Villaverde Ameijeiras (18 anos, de Vimianzo, interpreta a Leda). Acompáñaos na presentación do acto Xavi Font, un dos produtores da película e autor tamén da banda sonora, xunto con Jacobo Sutil, director de AGADIC, e Xaime Arias, director de proxección social da Televisión de Galicia.
Máis de 250 persoas están convidadas a esta preestrea, a maioría delas persoas que colaboraron dun xeito ou doutro coa produción de Sica: equipo técnico, figurantes –moitos deles mariñeiros e percebeiras da Costa da Morte que se interpretan a si mesmos no filme–, xunto con ducias de proveedores e colaboradores da comarca.
Sica supón o debut na ficción da directora barcelonesa Carla Subirana (Nadar, Kanimambo, Volar) e rodouse integramente na Costa da Morte e en galego, en convivencia coa lingua catalá. O filme, protagonizado polos actores debutantes, adolescentes da zona, Thais García Blanco, Marco Antonio Florido e María Villaverde, xunto a actriz catalá Núria Prims, é un coming-of-age que conta a busca que leva a cabo unha rapaza de 14 anos, obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio. É unha coprodución entre a produtora catalá Alba Sotorra e a galega Miramemira (O que arde), que conta ademais co apoio do ICEC - Generalitat de Catalunya, AGADIC - Xunta de Galicia, ICAA - Ministerio de cultura, TVE, Televisión de Galicia, TV3 e o Creative Europe Media Program.
O filme rodouse na Costa da Morte, onde, segundo conta Subirana, “as correntes mariñas son mortais. Hai documentados máis de 600 naufraxios nesta zona, o que a convirte nunha das costas máis perigosas do mundo. A furia do mar fai dela unha sepultura xigante e, segundo contan as lendas, as almas dos mariñeiros poden oírse polas fendas da terra. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco ao pé do mar, a Furna das Grallas.”
En palabras da directora: “A Naturaleza é outra protagonista en Sica. O vento, o mar, as ondas… manifestan o seu propio estado de ánimo, co temperamento único que ten o océano nesta costa. As personaxes amósanse pequenas fronte á súa inmensidade, e temerosas ante a chegada do furacán Ofelia, que ao mesmo tempo es o único capaz de devolver a harmonía á vida de Sica. Como di Suso o Cazatormentas, Ofelia é a nai de todas as tormentas, pero só nos está avisando: despois dela virán máis, e distintas ás de antes. Sica é un berro de auxilio ante a crise climática.”
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL