"O Bloque Nacionalista Galego aposta por facer do Concello de Vigo un axente activo pola plena normalización da lingua galega". Así o afirmou o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, no inicio da manifestación convocada pola plataforma ‘Queremos galego’ este mércores con motivo do Día das Letras Galegas.
“O Concello de Vigo ten que abandonar a política galegofóbica e ser un axente implicado en potenciar a plena normalización do uso do galego na maior cidade deste País para facer que gañe espazo e uso social.”, defendeu Igrexas, que chamou a despregar accións concretas para “garantir o dereito de todas as viguesas e vigueses a podermos vivir plenamente no noso idioma”.
Nesa liña, o cabeza de lista nacionalista reclamou como primeira medida “aplicar e respectar” a ordenanza municipal de Normalización Lingüística, que establece o galego como lingua oficial do Concello. “Hai que poñer fin a esa deliberada e continuada exclusión do galego en todas as actividades, nomeadamente na programación cultural”, asegurou.
Igrexas propuxo ademais a posta en marcha de campañas de promoción do uso social do galego, pensando en especial na mocidade. “Temos que darlle oportunidades á xente nova de Vigo”, apostou, poñendo como exemplo a súa propia experiencia. “Eu como neofalante que case até a adolescencia fixen uso practicamente en exclusiva do español, podo afirmar de maneira rotunda que o único acto de liberdade lingüística que puiden adoptar foi pasarme ao galego”, expresou.
O candidato do BNG afirmou que o galego ten que deixar de ser unha “anécdota e un elemento ornamental” para xornadas como este 17 de maio. “Temos que galeguizar Vigo como maior cidade de Galiza”, remachou.
Dende a fronte nacionalista lamentaron tamén o “desprezo” cara ao autor homenaxeado neste Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego. “É indefendíbel que a cidade de Vigo na que Paco del Riego deixou unha pegada enorme no seu compromiso galeguista, sexa con toda certeza o concello dos 313 municipios de Galiza que menos fixo por dar a coñecer e valorizar unha traxectoria sen a que non podemos entender a historia recente da nosa cidade nin do noso País”, criticou Igrexas.
Como exemplo citou o feito de que a exposición dedicada a Del Riego na Pinacoteca “abra as súas portas este 17 de maio apenas durante dúas horas”, feito que se engade á falla de atención á colección artística que cedeu á cidade en 1995 e que está sediada na Casa Galega da Cultura.
“Fronte a quen insiste en empequenecer e isolar Vigo o BNG afirmamos, con todo o orgullo, que sermos viguesas e vigueses non é nada máis, nin nada menos, que o xeito de sermos galegas e galegos en Vigo”, reivindicou o candidato nacionalista á alcaldía que enfatizou o seu compromiso en facer que a cidade asuma o seu papel como “motor de todo un País”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL