O Festival de Cans viviu este mércores a segunda xornada da súa XX edición cunha xornada moi especial dedicada a festexar o Día das Letras. Cans uniuse á celebración deste día do mellor xeito que podía facer, dedicando a súa programación ao cinema e a música do país, coa estrea do documental “Florencio, o cego dos Vilares”, un coloquio sobre o filme “Matria” cos seus protagonistas e un broche final cunha noite de actividades dedicada aos veciños da aldea, os grandes protagonistas do evento. "O Día das Letras está a ser unha xornada inesquecible para veciños e visitantes de Cans nesta xornada", destacan dende a organización.
Un dos momentos estelares chegou a mediodía no Torreiro cun debate sobre o proceso de creación de “Matria”, o filme galego que está a triunfar nas salas de toda España con uns protagonistas moi unidos a Cans, como son o seu director Alvaro Gago e a actriz María Vázquez. Tamén incorporouse ao debate Eduardo Rodríguez Cuña “Tatán” e actuou como presentador o director do festival, Alfonso Pato.
Ante un Torreiro cheo de xente, Alvaro Gago reivindicou a aposta de rodar unha película en galego a pesar de que se o fixera en castelán podería ter duplicado as 60 copias que se distribuíron do filme. “Matria” xa foi vista por máis de 40.000 persoas e obtivo premios como a Biznaga de Prata do Festival de Málaga para a mellor actriz, polo traballo de María Vázquez. Gago indicou tamén que Cans é un festival no que existe unha conexión especial entre o publico e os cineastas. “Este é un festival que baixa do pedestal ao que nunca deberan ter subido os directores”, engadiu.
A protagonista de “Matria” destacou que este papel permitiulle representar a moitas mulleres invisibilizadas e para ela supuxo “un orgullo e unha viaxe emocional incrible”. Ademais, Vázquez apuntou que unha vez estreada a película moitas mulleres agradecen que se conte unha historia coa que se senten moi identificadas. Sinalou tamén que o filme supuxo un esforzo importante con un ano de preparación para un papel que lle está a dar moitas satisfaccións persoais e profesionais. O público participou activamente no debate e despois encheu o Baixo de Bugarín onde se proxectou a película.
Despois do coloquio tivo lugar tamén no Torreiro a sesión vermú Povarelo na que participaron as violinistas María Jorge, Aldara Souto, Begoña Riobóo e Antía Ameixeiras, xunto ao tamén violinista Carlos Quintá e ao músico Pancho Álvarez, que ademais é o director do documental “Florencio, o cego dos Vilares”, que estreouse pola mañá en Cans. Ante un público moi animado tocaron varios temas do repertorio tradicional do propio Florencio, nunha sesión festiva na que gozaron adultos e nenos de todas as idades.
Xa pola tarde continuou a actividade en Cans con coloquios e proxeccións e a tradicional homenaxe ao Can de Pedra, situado na rotonda de Adroza, e a colocación dos Chimpíns no Muro dos Chimpíns. Despois tivo lugar a Noite dos Veciños, unha festa dedicada aos verdadeiros protagonistas do festival, que neste XX aniversario do evento contará coa estrea do documental “De casa en casa”, de Juanma Lodo, baseado no proxecto Cans 303, a presentación do xurado dos veciños e veciñas e un gran final coa actuación das Pandereteiras de Cans e Acordecans.
A xornada de este xoves conta de novo cunha programación chea de propostas interesantes para todos os públicos. Destaca o coloquio que terá lugar a mediodía no Baixo de Carlos de Cans, que reunirá 25 anos despois da súa estrea ás actrices da emblemática serie galega “Mareas Vivas”. Pola tarde a activade desprazarase ao Porriño. No Circulo Recreativo Cultural proxectarase a longametraxe “Unicorn Wars”, do director Alberto Vázquez e a partir das 20:30 hroas terá lugar a apertura oficial do festival coa proxección da película “Honeymoon”, do director Enrique Otero, que contará coa asistencia do equipo do filme. A actuación de Paloma, tamén no Circulo Recreativo Cultural, pechará a xornada.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL