Unha portada que chama a atención, un titular que invita, unha edición que namora, un encadernado firme ou ese recendo característico. Cando escollemos un libro de papel para a navegar sobre a historia ou o tema que trata, cantas veces está en galego?
A cidade de Vigo e a súa área metropolitana teñen xeitos diferentes de comportarse con respecto á escolla do idioma na súa lectura. A nivel autonómico, no que respecta a literatura, só o 3,4% da poboación da comunidade prefire ler en galego, segundo indica o informe de “Hábitos de Lectura y Compra de Libros en España 2022” da Federación de Gremios de Editores.
Ante a cuestión de por que os enquisados deste informe non len en galego, o 43,8% da poboación galega indica que “lles resulta máis sinxelo ler en castelán”, mentres que o 34,4% indican que o motivo é porque “non está editado neste idioma”.
A modo de fotografía, podemos ver esta parca escolla do idioma en librarías como a Paz, no concello de O Porriño. “Aproximadamente, só o 25% das nosas ventas de libros son en galego”, indica a súa responsable Chus Paz. E malia que o público adulto de A Louriña aínda le en galego títulos como “Golpes de luz” da escritora viguesa Ledicia Costas ou clásicos como “A praia dos afogados” de Domingo Villar, “o que máis se vende nesta libraría son títulos de lectura obrigada nos centros de ensino”, sinala Paz.
Deste xeito, o que máis le o alumnado porriñés en galego é “O grupo” de An Alfaya, “Moriña” de Barbara Cantini, “A nena e o mar” de Érica Esmorís e “A señorita Bubble” de Ledicia Costas.
Tamén é moi baixa a porcentaxe de lectores en galego que se pode atopar na comarca do Morrazo. Na librería Miranda, no concello de Bueu, só o 20% dos libros vendidos son na lingua da Comunidade. Do mesmo xeito que na Louriña, as principais ventas son para público infantil con libros como “O mundo de cores de Roque e Lía” de Paula Suárez ou “Un feitizo de familia” de Valeria Mederer. Pola contra, o público adulto merca en galego títulos como “O home que matou a Antia Morgade” de Arantza Portabales, “A culpa” de María Solar ou “Todo chega desde o mar” de Santiago Ferragud.
En contraste temos a librería Cartabón de Vigo. O 80% da súa oferta de exemplares son en galego e “iso fai que teñamos un público concienciado con ler na nosa lingua e por iso non podemos ter un dato comparativo con ventas en castelán”, apunta o responsable da libraría, Gonzalo Pérez.
Isto fai que a súa lista de exemplares máis vendidos en galego sexa: “Azucre” de Bibiana Candia, “O quinto en cuestión” de Robertson Davies traducido por Faktoría K, “A historia de España baseouse en falacias” de Francisco Calo, “O parnaso sobre todas”, unha tradución do libro de Christopher Morley e “Pequena historia de Vigo” de Pedro Feijoo.
Dentro do eido do Día das Letras Galegas, as librarías apuntan que nestas datas o aumento das ventas “non é nada representativo”, malia que si se chegan a vender algúns exemplares máis do escritor ou escritora a quen se lle dedica o día.
No caso do establecemento vigués , este ano vendéronse sobre todo biografías de Fernando Fernández del Riego. “Un loitador pola idea de Galicia” de Malores Villanueva é o exemplar que “máis gusta e máis recomendamos”, indican dende a librería de Bueu. Pola contra, os porriñeses preferiron mercar obras escritas por quen foi un dos artífices da editorial Galaxia.
Malia que as ventas de libros sobre os persoeiros aos que se lles dedica as Letras Galegas “depende moito da personaxe, de que fixo ou quen foi”, tanto a librería da Louriña como a do Morrazo coinciden en que “o mellor ano, no que máis libros se mercaron, foi no 2021, cando se lle dedicou a Xela Arias”, destacan ambos responsables.
Ambos tamén coinciden en opinar que o feito de que o Día das Letras Galegas sexa festivo é “un erro maiúsculo”, indica Miranda. “Non debería ser un día lúdico, xa que a xente viaxa, sae, pero non merca, non é como o Día do Libro”, apunta Pérez. Algo que o encargo de Bueu matiza con un “debería ser como o día de Sant Jordi, un día laboral no que se levasen a cabo grandes actividades nos centros polas mañás e que polas tardes se fixese unha gran celebración e que se desen moitas ventas”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL