O Primavera do Cine en Vigo, que celebra a súa sétima edición do 8 o 13 de maio, afrontará unha segunda xornada chea de curtametraxes e longametraxes galegas e lusófonas. Ademais a súa tradicional gala inaugural terá lugar ás 19:30 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
Asemade participará no Encontro Arraianos, uns encontros que nacen co obxectivo de promover a creación de redes de colaboración e intercambio entre cineclubs e festivais de cine de Galicia e Norte de Portugal, España e Brasil, contribuír a difundir a identidade arraiana e estimular o diálogo cultural e por riba das fronteiras.
Na inauguración o certame concederá a mención honorífica a unha das produtoras máis prestixiosas do noso país: Chelo Loureiro, que será homenaxeada pola súa traxectoria profesional, pola súa loita constante na visibilización das mulleres no eido audiovisual, o seu apoio ós novos talentos e por buscar que o cine de animación alcance o recoñecemento que merece.
Ademais na gala de presentación poderase ver un dos filmes documentais máis representativos do cinema do Brasil, país convidado este ano ó festival, Cabra, marcado para morrer, un filme que leva a gran pantalla a historia das Ligas Campesiñas do norte de Brasil, contrarias á reforma agraria e que reclamaban unha mellora nas súas condicións de vida. A cinta céntrase na figura de João Pedro Teixeira, líder campesiño asasinado en 1962, e a vida dos seus familiares.
Así mesmo, o festival participará no VII Encontro Arraianos, ó que se poderá asistir a partir das 11:00 horas no Instituto Camões de balde. Na xuntanza, que se celebrará coa colaboración do Primavera do Cine, estarán os representantes dos cineclubs, festivais de cinema e as universidades que levan xa un par de anos traballando na desfronteirización con “insistencia arraiana”.
O mércores comezará ás 18:00 horas no Auditorio do Concello de Vigo cunha sesión de curtametraxes de animación entre as que destacan É preciso que eu diminua, un videoclip realizado polo recoñecido Pedro Serrazina; Surpresa, de Paulo Patrício, que aborda o cancro infantil a través dunha sincera conversación entre nai e filla e The neverending wall, un filme de Silvia Carpizo que ten como produtora a Chelo Loureiro e que conta cun nomeamento ós Goya de 2018.
Paralelamente, no Camões ás 18:00 terá lugar o outro pase de curtas de animación no que se poderán ver, entre outros títulos, Áuga mole, de Laura Gonçalves, que reflicte o problema da desertificación no interior de Portugal ou a comedia negra Viaje a pies, de Khris Cembe.
Xa ás 19.30 exhibirase un bloque de curtas lusófonas con filmes como Katharsis de Mirela Kruel, unha curta de grandes toques teatrais que busca reflexionar sobre as verdades que moitas veces ocultamos; Mãe querida, de João Silva, que narra a historia de Matilda, unha adolescente maltratada pola súa nai que decide pedir axuda a unha Bruxa ou O vestido de Myriam, de Lucas H. Rossi, que mostra a vida dunha parella de anciáns en silencio.
O último bloque de curtas no Camões será ás 21:00, onde se poderá ver Deusa, de Bruna Callegari, a historia dunha recaudadora na peaxe da illa na que vive e que comezará a sentirse diferente cando ve unha balea encallar na praia; Em algum lugar, amanhã de André Siqueira, unha curta que fala da atracción súbita que pode xurdir entre descoñecidos e sobre como cada decisión que tomamos pode marcar a nosa vida para sempre e O menino e o louco de Julia Ferreira na que un neno viaxa, reencontra as súas amigas xemelgas e pasa a frecuentar a súa estraña casa, tentando protexelas do seu pai insán.
O día rematará coa proxección ás 22:30 no Concello de Historia dun Satélite, das Also Sisters, un filme que ten todos os ingredientes para sorprender e que abarca desde a comedia negra ó cinema de aventuras, a ciencia ficción e o cine bélico.
Outra das actividades que se celebrarán dentro do Primavera do Cine é o Cine Miúdo. Deste xeito, entre o 9 e o 11 de maio, os cativos poderán ver diferentes pezas de cine musicalizadas ó vivo grazas ó trío Casperverk e ata poderán substituílos e ser eles mesmos os encargados de harmonizar os filmes durante uns intres.
Esta nova edición realizarase no Teatro Afundación (antigo García Barbón) que cederá o seu espazo para apoiar ó festival e para o desfrute dos máis pequenos da casa. Sen dúbida trátase dunha actividade infantil cunha gran traxectoria e aceptación entre os docentes, pola súa valor pedagóxica e que ademais chea de ledicia a tódolos nenos que participan dela.
Cada bloque de curtas terá un custo de 2'50€, as longametraxes serán a 3,50€ e o acceso a gala inaugural a 4€. Todas as entradas poderanse adquirir na sede correspondente desde media hora antes de comezar a proxección.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL