Centro de Interpretación, espazo multifuncional aberto á veciñanza e recepción de visitantes. Estes son obxectivos que persegue o Concello de Ponteareas que ven de postularse para obter fondos europeos cos que levar adiante un novo proxecto para o Castro de Troña. Para levar a cabo este proxecto, que suporá un investimento de máis de 1,2 millóns de euros, o Concello presentou a súa candidatura ao programa de mellora da competitividade e dinamización do patrimonio con uso turístico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia convocado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
“Este proxecto permitirá impulsar o noso patrimonio cultural e atraer visitantes interesados en descubrir a nosa riqueza histórica. Será un reclamo importante co que seguir promovendo un turismo sostíbel, poñendo en valor o noso patrimonio e ofrecendo experiencias enriquecedoras ao público”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández.
As novas instalacións estarás situadas nunha parcela no barrio do Outeiro, en Pías, que na actualidade conta cunha vivenda de planta baixa e baixo cuberta, unha edificación auxiliar e un almacén. Ademais a intervención inclúe a actuación na edificación auxiliar existente na propia contorna do castro, creando un centro de interpretación integral que dea apoio á persoa visitante e complete a súa experiencia.
Entre as actuacións que se realizarán ao abeiro deste proxecto, están a recuperación e rehabilitación do castro a través do control da vexetación para evitar a proliferación de especies arbóreas invasoras e procederase á reexcavación de zonas xa escavadas en campañas anteriores e de novos puntos de interese para completar a interpretación de zonas xa intervidas.
Tamén se restaurarán e recuperarán elementos xa escavados e aqueles novos que se descubran nunha nova actuación, así como os elementos etnográficos de interese que se atopan na contorna do xacemento. Ademais, crearase un itinerario para fomentar e garantir un bo uso turístico e cultural do espazo.
Como sinala a concelleira de Turismo, Eva Gil, “o proxecto abórdase dende a perspectiva de centralizar e potenciar a relación do visitante co Castro de Troña e coa contorna social dos veciños e veciñas, apoiándonos espazo propicio e xerando un espazo público aberto a visitantes e veciñanza”.
O proxecto contempla a creación dunhas instalacións altamente eficientes cun baixo consumo e cunha reducida pegada de carbono tanto na edificación que actualmente é vivenda como na situada na contorna do castro. O obxectivo “é potenciar a actividade cultural, social e turística da parroquia, devolvendo ao mesmo tempo o prestixio ao Castro de Troña, garantindo a conservación, mantemento e posta en valor do xacemento para conseguir un modelo turístico competitivo e sostíbel”.
As instalacións estarán situadas a escasos 200 metros do xacemento arqueolóxico cun aparcamento tanto para vehículos como para autobuses moi próximos. Contarán cun auditorio que acollerá diversas actividades, así como dunha sala para obradoiros e outra de exposicións, que contará cunha innovadora exposición permanente formada por paneis, audiovisuais e pezas documentadas a través das que se contará a historia do Castro de Troña.
Por outro lado, a pequena edificación situada na cima do xacemento empregarase como espazo complementario do Centro de Interpretación e albergará unha innovadora exposición sobre os aspectos máis relevantes e enigmáticos da cultura castrexa.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL