A XX edición do Festival de Cans, que terá lugar nesta aldea de O Porriño do 16 ao 20 de maio, contará nos seus coloquios matinais de martes a venres coa presenza de perto de 40 profesionais destacados do mundo do cinema, entre os que están cineastas, guionista, produtores ou actrices e actores.
Dúas das seccións que mais expectación espertan son ”A que andas?” e “Fillas de Cans”, destinadas a coñecer o material inédito das creadoras e creadores. Na primeira das seccións, que terá lugar o venres 19 ás 13:30 horas no Baixo de Carlos, coñeceremos os primeiros avances no guión de oito proxectos en desenvolvimento. Polo Baixo de Carlos pasarán guionistas e directores experimentados como Alfonso Zarauza con “Islandia” o seu novo proxecto, o regreso ó cinema de Mario Iglesias, co guión de “As Fillas de Isaura”, ou Alberto Vázquez, gañador de tres Goyas na categoría de animación, co proxecto do filme “Decorado”, que parte da curta que gañara o Festival de Cans.
Pola sección tamén pasarán debutantes como a actriz Ledicia Sola, que desenvolve o guión do que será a súa primeira longametraxe “As augas”, Area Erina con “Aurora”, proxecto documental no que invertiu os seus últimos anos, así como Iván Castiñeiras, que está nunha fase inicial da rodaxe de “Deuses de pedra. Entre os proxectos que se avanzarán tamén están Pela del Álamo, con “Montaña ou Morte” e Guillermo de Oliveira con “A morte nos teus ollos”. Ambos proxectos teñen sido elixidos xa por diversos laboratorios de prestixio en festivais internacionais.
Na sección “Fillas de Cans”, a sección que presenta imaxes inéditas de películas xa rodadas na última fase de acabado antes de chegar ás pantallas, veremos avances de seis filmes, presentados polas súas directoras e directores. Estes seis proxectos son “O Corno”, o novo filme de Jaione Camborda, protagonizado pola bailarina Janet Novás, que a acompañará na presentación, “Un pasado por delante” de Olga Osorio, que foi premiada en Cans como curtametraxista ou o agardado debú na longametraxe de Sonia Méndez, que presentará en Cans imaxes do seu filme “As Neves”, xunto coa produtora do filme Nati Juncal. Tamén se presentarán dúas longametraxes documentais: por un lado “MAR”, o novo traballo de César Souto e Luis Avilés, que codirixiran antes con moito éxito “Os Días afogados”, e estarán en Cans coa produtora Marina García, e o documental “Novo Cinema Paradiso”, de Simone Saibene, arredor da historia do cine de Leiro, que resiste nunha zona despoboada, sostido pola figura singular de Ernesto Romero, que tamén visitará Cans.
A sección completarase coas primeiras imaxes de “Self Import”, un filme que terá unha parte rodada na aldea de Cans, que presentarán o director galés Andrew Pearson e o cineasta Roque Cameselle. Esta sección terá lugar o venres, 19 de maio ás 16:00 horas no Baixo de Carlos, co apoio de CREA, a asociación de realizadoras e realizadores de Galicia. A mesma asociación tamén organiza o venres, 19 de maio ás 10:00 da mañá o “Café con CREA”, onde nesta edición estará presente a realizadora franco-armenia Valèrie Massadian, á que o festival adica o seu foco internacional.
Nos encontros matinais de Cans, o público tamén poderá asistir ós Encontros Fundación AISGE, que visibilizan o traballo das actrices e actores. O martes 16 de maio, ás 11:00 horas, o Baixo de Carlos acollerá o coloquio “Vidal Bolaño, teatreiro como alma de cineasta”, coa presenza de Roi Vidal Ponte, Laura Ponte e Antonio Mourelos, o xoves 18 de maio un coloquio que visibiliza e analiza o traballo das actrices da mítica serie “Mareas Vivas”, nos 25 anos de comezar a súa rodaxe, coa presenza de Ana Santos, Camila Bossa, Sonia Castelo e Isabel Blanco. Os coloquios da Fundación AISGE, completaranse o venres, 19 de maio ás 11:00 horas co diálogo entre os actores Tamar Novas e Diego Anido.
As matinais de Cans complétanse coa masterclass de subtitulado e accesibilidade que ofrecerá o martes, 16 de maio ás 12:00 horas no Baixo de Carlos, o realizador e profesor da Universidade de Vigo Pablo Romero-Fresco, cuxa investigación sobre subtitulado afonda na necesidade de perfeccionar este proceso desde o momento no que se escribe o guión dos filmes.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL