Charlas, espectáculos de teatro e cociña, contadas, publicacións, obradoiros e exposicións para celebrar a Letras Galegas, dedicada este ano a Francisco Fernández del Riego. Así celebrará a Deputación de Pontevedra o Día das Letras Galegas, co obxetivo de "poñer en valor a lingua e a identidade do país e o compromiso político coa galeguidade do autor homenaxeado", indicaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a deputada de Lingua e Memoria Histórica, María Ortega.
A primeira actividade que se desenvolverá no marco do programa das Letras Galegas da Deputación é un acto aberto ao público no que, da man da editorial Galaxia, a docente e escritora Malores Villanueva realizará unha palestra sobre Del Riego. A cita será o próximo sábado 13 de maio ás 11:30 horas e será necesario incribirse previamente a través do correo electrónico lingua@depo.gal.
A parte didáctica estará acompañada por outra gastronómica, posto que ‘Don Paco’, como adoitaba chamarlle a xente, “era un gran comellón”. “A difícil tarefa de facer unha demostración de cociña en vivo e un petisco que lle prestase a Del Riego encargámoslla a Rubén González, do Cafetín Pontevedra, galardoado con numerosos premios. El fará unha proposta gastronómica cos produtos favoritos de Del Riego, deixando a un lado a cebola como ingrediente, que parece ser que o autor detestaba”, explicou María Ortega. Ademáis, neste evento repartirase unha copia do artigo "Fiestra sobor da lingua galega", publicado no xornal "A Nosa Terra" en 1932. O auto afirma nel, que “na lingua, seipano ou non os indiferentes, está o máis íntimo e san do noso esprito, fecundalo é laboura da nova Galicia, deixar desfaguerlo é o mesmo que se negar a si’.
Por outra banda, o luns 22 de maio desenvolverase unha actividade para rapazada de secundaria. Un espectáculo teatral titulado ‘Un optimista radical’ de Serafín Marcos, quen dende 2003 realiza un labor divulgativo das persoas homenaxeadas nas Letras Galegas, teatralizando vidas e obras, neste caso de Francisco Fernández del Riego. A representación fai un percorrido ameno, didáctico e participativo pola vida e obra do autor, descubrindo a un incansable loitador pola cultura galega partindo do seu epistolario con Carvalho Calero no cárcere de Xaén.
Tamén para a xente nova, xunto a Polo Correo do Vento, a Deputación levará a 35 concellos entre o 15 de maio e o 31 de xullo un contacontos no que se fará unha viaxe pola biografía do homenaxeado. As contadas, destinadas a público familiar, incluirán unha parte de ilustración a cargo de Carlos Taboada, e outra musical, na que se interpretará o ‘Rock de Paco del Riego’. O luns día 8 ábrese o prazo de solicitude para os concellos interesados.
Tamén se editará unha publicación destinada á rapazada elaborada por ‘Polo Correo do Vento’ co título ‘O camiño andado das letras’, un proxecto para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas cun percorrido polas persoas autoras ás que se lle dedicou historicamente a data máis importante da literatura galega. Esta publicación recollerá as 60 fichas que dende o pasado Día de Rosalía se foron publicando na web provincial de maneira diaria dedicadas ás persoas homenaxeadas, con ilustracións, datos e, segundo explicou Quique Mauricio, cun comentario persoal de Del Riego sobre cada unha, xa ben porque as coñecera ou porque escribira sobre elas.
Así mesmo, a Deputación vén de facer a compra de diferentes títulos realizados sobre Francisco Fernández del Riego e realizará unha distribución entre as bibliotecas municipais e puntos de lectura de varias das obras, co fin de ampliar a dispoñibilidade da bibliografía a disposición de toda a cidadanía. Tamén están a disposición, lembrou María Ortega, máis de 400 referencias de e sobre o autor no buscador ATOPO do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación que se poden consultar ou levar en préstamo do Arquivo provincial.
Por último, froito da colaboración coa Fundación Penzol, o servizo de Cultura da Deputación programará obradoiros didácticos en centros educativos da provincia (tanto de Primaria como de Secundaria) para poñer en valor a figura de Fernández del Riego e o seu papel fundamental como valedor da cultura galega partindo dos fondos da fundación (literarios, epistolares, bibliográficos e artísticos), de cuxa biblioteca o autor fora director durante case medio século.
Ademais, xa cara a finais de ano, a Deputación e a Fundación organizarán unha exposición sobre o homenaxeado nas Letras Galegas que mesturará unha parte documental con fondos do autor e paneis informativos. A mostra estará dispoñible na sede de Vigo da Deputación aproveitando que foi a cidade onde pasou a maior parte da súa vida (e onde reside boa parte do seu legado) e tamén a súa condición de vigués distinguido.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL