O Festival de Cans presentou este mércores a súa XX edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio. Perto dun centenar de persoas, entre representantes de institucións, patrocinadores, organizadores e veciños déronse cita na presentación no Torreiro de Cans. Entre eles o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.
O director do festival, Alfonso Pato, anunciou un vixésimo aniversario “cargado de emoción, con sorpresas, e que será un reencontro de vellos amigos”. Entre eles destaca a presenza da actriz Nathalie Poza, protagonista do filme “Honeymoon”, que abrirá o festival, do Premio de Honor Luis Zahera e outros como Javier Gutiérrez, María Vázquez, Diego Anido, Nerea Barros ou Tamar Novas.
No coloquio da Leira, o día Grande do festival, está previsto un emotivo encontro que reunirá a moitas e moitos dos recoñecidos co Premio Pedigree ao longo destes 20 anos, entre eles Antonio Durán “Morris”, que foi xurado na primeira edición do certame. Nesta idea de reencontro tamén presentarán algúns filmes directores agora recoñecidos que comezaron como curtametraxistas en Cans como Enrique Otero, Álvaro Gago ou Alberto Vázquez.
O certame tamén segue apostando polas conexións internacionais, coa retrospectiva da directora franco-armenia Valérie Massadian, premiada en prestixiosos festivais como Locarno, que viaxará a Cans para presentar parte da súa obra inédita en España.
A XX edición de Cans virá cargada de coloquios, de estreas de longametraxes e curtametraxes, da recuperación da parte educativa dos colexios e da volta do público ós chimpíns. Tamén haberá moita música, en moitos casos vinculada a obras que se proxectan no festival. Haberá ata 25 actuacións musicais de diferentes estilos, entre as que destacan Los Punsetes o venres, 19 de maio e The Limboos ou Mr.Kilombo no Espazo Estrella Galicia na Leira do Río, no día grande do sábado, 20 de maio.
O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, calificou a Cans como un “festival total” e sinalou que foi impresionante ver como se consolidou nestes 20 anos ademais da gran conexión existente entre o evento e a aldea de Cans. Pola súa banda, Goretti Castro, representante de Estrella Galicia dixo que este festival “é algo único e por iso impulsamos incluso un deseño de botellas de edición limitada para celebrar estes 20 anos de resistencia”. Isabel Blanco, representante de Aisge, destacou que nestes anos Cans converteuse no "patrimonio emocional" da cultura galega.
O Torreiro, espazo emblemático de Cans, será a gran zona de reunión nos coloquios e de concertos como o de Fillas de Cassandra, un dos grupos do momento en Galicia, que actuarán venres 19 ás 20:00 horas, e presentarán antes unha retrospectiva dos seus videoclips, ou a gran celebración de XX aniversario co agardadísimo regreso a Cans de Tony Lomba e Elio dos Santos.
Na XX edición do festival proxectaranse cerca dun centenar de obras audiovisuais, das cales haberá máis de 30 estreas. Ademáis da preestrea das longametraxes “Honeymoon”, de Enrique Otero, que se proxectará na apertura do festival no Círculo Recreativo, e de “Sica” de Carla Subirana, filme que pasou polo Festival de Berlín e que se poderá ver no Baixo de Bugarín en Cans o venres, 19 de maio. Unha das grandes novidades de Cans será a gran celebración da lingua no Día das Letras, coa proxección de “Matria” e o coloquio coa protagonista María Vázquez, así como a estrea de “Florencio, o cego dos Vilares”, de Pancho Álvarez, con sesión vermú incluída no Torreiro.
Por primeira vez na historia do festival, as 12 curtametraxes que compiten na categoría principal de ficción e animación serán estreas. Sete veranse por vez primeira en Galicia, catro delas serán estreas absolutas e unha delas terá a estrea en España.
Entre elas destacan a presenza de “Ulises”, a singular mirada de Felix Brixel que competiu no Festival de Mälaga, “O neno Sardiña” de Lucía Estévez, que pasou pola competición do Festival de Xixón ou “Amanece, la noche más larga”, a curta de animación que foi finalista dos Goya, dos vigueses Carlos Fernández de Vigo e Lorena Ares, que aínda non tivera a estrea en Galicia. Entre as estreas absolutas están “O Coidado”, o prometedor debut como director do actor Miguel Canalejo, ou a contundente “Carraxe”, ópera prima do tamén actor Muriel Pernas, protagonizada polos veteranos actores Mabel Ribera e Roberto Leal.
As entradas para acceder ós jalpóns e poder asistir ás proxeccións das obras a concurso están a piques de esgotarse para algunhas sesións. Na sesión matinal do sábado quedan menos de 20 tickets na categoría de ficción e menos de 30 para a categoría “Furacáns” de non ficción. Do mesmo xeito quedan poucas entradas para as actuacións no Galiñeiro da poeta e acordeonista Rosalía Fernández Rial e do cantautor chileno Nano Stern, ambas cun aforo de só 75 persoas. As últimas poden conseguirse a 5 euros na páxina web do festival.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL