A rapazada do municipio de Redondela conta cun nuvo lugar onde reunirse. O Concello abriu un novo espazo dedicado á mocidade localizado nunha das zonas máis utilizadas polos máis novos no Multiúsos da Xunqueira. O espazo servirá para a xuntanza libre, pero tamén para a organización de obradoiros de balde por parte do Concello.
“Ata a chegada do Goberno socialista ao Concello de Redondela, os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos, foron os grandes esquecidos. Ademais de ofrecer actividades enfocadas á mocidade, tamén queremos ofrecerlles un espazo novo para a súa vida social. Alí poderán xuntarse de forma libre ou participar nas actividades que iremos anunciando ao longo dos próximos meses”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas na presentación das primeiras actividades do Verán 2023 que se desenvolven dentro do programa «Redondela Xove».
A primeira das actividades do programa comezou o 28 de abril e trátase dun obradoiro de mural inspirado no Grafiti que continua o 5 de maio, en horario de 19:00 a 21:00 horas. A actividade, totalmente de balde, acolleu a unha vintena de mozos e mozas.
“Durante a actividade os e as participantes puideron traballar nun mural coa artista redondelá Paula Amoedo que decorará o novo espazo dedicado á xuventude no Multiúsos da Xunqueira. Esta é unha forma de ofrecerlles a sala permitíndolles participar na súa mellora de forma activa, para que sintan que é deles e delas e formen un recordo que dará inicio a moitos momentos de lecer e cultura no lugar sinalado”, explicaba Rivas.
O obradoiro de fotografía analóxica comezou o sábado 29 de abril e continuará o sábado 6 de maio co mesmo horario anteriormente mencionado. Neste caso o obradoiro tamén é de balde e, aínda que xa comezo, ten algunha praza dispoñible. Este obradoiro estará impartido por Noemi Parga Iglesias fotógrafa viguesa e docente da escola Aula D de deseño en Vigo.
Os obradoiros precisan de inscrición previa no Multiúsos da Xunqueira, de forma presencial ou chamando ao 986 40 28 65. A alcaldesa redondelá asegurou que “ao longo do verán, «Redondela Xove» terá máis sorpresas”.
Ademais, a Concellería de Servizos Sociais que dirixe Iria Vilaboa organiza dous cursos presenciais de iniciación á Lingua de Signos (Nivel A1.1). Son totalmente de balde e a inscrición está limitada ata esgotar prazas. A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu “o interese amosado pola veciñanza en iniciativas deste tipo ” que reflecten “un alto grao de sensibilidade e solidariedade á hora de aprender unha lingua que vai facilitar a comunicación coas persoas xordas e facilitar a súa integración social”.
O curso de Nivel A1.1 tivo o ano pasado unha longa lista de espera polo que dende o Concello amosan a intención de continuar ofrecendo actividades orientadas á aprendizaxe da Lingua de Signos. A rexedora local explica que “desta vez aumentamos o número de prazas ofrecendo o mesmo curso en Chapela e Redondela”.
O curso, que ten unha duración de 30 horas lectivas, impártese os martes e xoves na nova Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños, 2) de 11:00 a 13:00 horas e os luns e mércores na Aula Cemit de Chapela (Rua Manuel Rguez Casal, 3) de 16:30 a 19:00 horas. A inscrición realízase no rexistro do Concello de Redondela e priorízanse ás persoas que non participaran nos cursos destas características anteriormente desenvolvidos para, dese xeito “poder permitir que un maior número de persoas tomen contacto coa Lingua de Signos”, conclúe Rivas.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL