Por segundo ano consecutivo a Universidade de Vigo convoca as bolsas de prácticas Alén do Miño, un programa dirixido a fomentar a formación transfronteiriza do alumnado e no que se combina un obradoiro formativo en interculturalidade coa realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, en empresas e entidades portuguesas. Trátase de axudarlles aos alumnos e alumnas interesados en facer prácticas profesionais ‘alén do Miño’ a sufragar parte dos gastos ocasionados pola mobilidade desde o seu lugar habitual de residencia. A contía máxima de cada axuda é de 600 euros ao mes.
As persoas interesadas en solicitar estas bolsas poderán facelo ata o vindeiro mércores 3 de maio. Xunto coa solicitude deberase enviarse unha carta de pre-aceptación da empresa/institución na que se inclúa o programa das prácticas, vencellado coas competencias da titulación universitaria cursada, e as datas previstas da estadía.
Convócanse un total de cinco axudas, unha por cada rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas, arte e humanidades, ciencias, ciencias da saúde e enxeñaría. O programa desenvolverase en dúas fases: unha primeira parte de formación, que se vai impartir nas propias instalacións da UVigo, e que consiste en 10 horas de clase nas que se impartirán contidos relacionados coa cultura portuguesa e co feito de traballar e formarse en Europa; a segunda fase, refírese xa á realización das prácticas académicas externas nalgunha empresa ou institución da súa elección, xa sexa unha organización pública ou privada, incluíndo fundacións, organizacións, asociacións ou ONGs sen ánimo de lucro.
As persoas beneficiarias estarán baixo a titoría das persoas da Universidade e da empresa que se designen no momento de formalización da práctica e elas serán as que se responsabilizarán da formación impartida, do desempeño da actividade de colaboración e da orientación no desenvolvemento da axuda. De feito, tal e como se especifica na convocatoria das axudas, “o contido do plan formativo das prácticas externas será o que, de común acordo entre os titores académicos e de empresa, se estableza para cada beneficiario e deberá fixar os obxectivos educativos e as actividades a desenvolver, considerando as competencias básicas, xenéricas e/ou específicas que debe adquirir o alumno ou alumna durante o período de prácticas”.
O período de prácticas da segunda fase do programa terá unha duración máxima de 2 meses, e poderán desenvolverse entre o 1 de xuño e o 15 de setembro.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL