A XX edición do Festival de Cans, que terá lugar nesta aldea de O Porriño do 16 ao 20 de maio, contará coa presenza da cineasta e fotógrafa franco-armenia Valérie Massadian. O certame dedicaralle o Foco Internacional, cunha retrospectiva completa na que presentará as dúas longametraxes e sete curtametraxes, seis delas inéditas en España. Tamén participará na matinal do venres 19 de maio nun coloquio con outras realizadoras e realizadores galegos, dentro da sección “Café con Crea”.
Massadian, premiada nalgún dos festivais máis prestixiosos do mundo coma o Festival de Locarno, é autora dunha obra íntima e persoal, habitada por personaxes femininas dotadas dunha fortaleza única. Sobreviventes e loitadoras, as nenas ou mulleres que protagonizan as súas películas teñen en común unha fraxilidade rebelde, movida pola necesidade do agarimo e do afecto, e polo coidado dos demais ou dunha mesma. Un cinema cheo de xestos e voces que se negan a conformarse, onde o poético e o político van da man, xa sexa a través do silencio ou da palabra.
A cineasta franco-armenia é unha autora radicalmente independente, partidaria de traballar con equipos reducidos e de borrar as fronteiras entre a realidade e a ficción, cultivando a confianza das persoas que se converterán nas súas personaxes. Se a fotografía permitiulle desenvolver unha coidada estética visual, cun gran dominio da luz, a cor e o encadre, o cinema permítelle organizar o espazo para que as cousas sucedan ante a cámara case en tempo real.
A presenza de Valérie Massadian en Cans correspóndese coa liña emprendida nos últimos años polo festival de convidar a cineastas de prestixio internacional, cunha filmografía aínda en crecemento, e que tiveran experiencia previa no mundo da curtametraxe. Massadian súmase a outros realizadores que pasaron por Cans como o portugués Joao Nicolau, o brasileiro Kleber Mendonça Filho ou o alemán Hannes Stöhr. Un dos obxectivos da sección Foco Internacional é favorecer experiencias de intercambio e enriquecemento entre cineastas de Galicia e cineastas doutras partes do mundo, a nivel creación e mesmo produción.
A retrospectiva inclúe as dúas longametraxes que rodou ata o momento Nana (2011), Mellor Película no Festival de Cinema de Locarno; e Milla (2017), Premio Especial do Xurado e Premio do Público no mesmo festival, entre outros. Tamén poderán verse sete curtametraxes e instalacións (seis inéditos en España): América (2013), Ninouche (2011), Solitudes. L’insomnie (2019), La tempête (2018), Care (2022), Mamoushka (2014) e Ire (2021).
Na semana previa do festival, no Centro Cultural do Porriño, poderán verse Nana, o venres 12 de maio e Milla, o sábado 13, con entrada gratuita. No seu sorprendente debut (Nana), a cámara de Massadian observa fascinada como unha nena, sen o coidado dos seus maiores, desenvolve un instinto de supervivencia inaudito. Na súa seguinte película, Milla, unha parella nova sumida nunha precaria e monótona existencia, converte unha casa abandonada nun refuxio para soñar e resgardarse da fría humidade de Normandía.
Nas súas curtametraxes resoa de novo esa resiliencia que caracteriza ás súas heroínas, pero as mulleres fálannos agora de maneira máis clara e directa. Tamén vemos nestes traballos, o gusto polo xesto, a observación metódica, a fascinación polo detalle.
A venda de entradas para a XX edición do festival, que terá lugar do 16 ao 20 de maio, segue a moi bo ritmo. As entradas para a competición oficial de curtametraxes na sesión de tarde do sábado 20 de maio, van camiño de esgotarse. Apenas quedan menos de 60 tickets para as curtas ficción e animación. Do mesmo xeito que as entradas para o espazo singular do invernadoiro, coas actuacións da poeta e acordeonista Rosalía Fernández Rial e do cantante chileno Nano Stern, e cun aforo limitado a só 75 persoas por actuación.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL