O Festival de Cans inaugura este ano o Invernadoiro, un novo espazo singular para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas. Á fronte da súa banda Immaculate Fools, Weatherill alcanzou o recoñecemento nos anos 80 con emocionantes cancións como “Hearts of Fortune”, “Tragic Comedy” ou a mesma “Immaculate Fools” que deu nome ao grupo, sempre cun pé no pop de autor e outro nas tradicións folk e blues. A súa actuación conformará no Invernadoiro de Mucha do Peso un programa dobre coa presentación e proxección dun avance de Kevin vs. Ray, o documental dos galegos Eduardo Herrero e Manuel Lemos sobre a singular peripecia vital de Weatherill, afincado hoxe nunha pequena aldea de Cambados.
A de Kevin Weatherill non será a única actividade que una música e audiovisual no Invernadoiro, que concentrará a súa programación o sábado 26 de maio. Alí terá tamén lugar unha retrospectiva adicada aos videoclips do realizador, deseñador e músico Rubén Domínguez, unha figura indispensable no underground galego da última década, que actuará ademais con Pantis, o seu aclamado proxecto de pop electrónico. Domínguez, membro tamén de Chicharrón ou Telephones Rouges, gañou o premio a mellor videoclip en Cans en 2012 e dirixiu máis de vinte pezas para bandas como Novedades Carminha, Franc3s ou A Veces Ciclón nas que deu forma a un persoal universo, caracterizado polo risco no uso da posprodución e a animación ou a exploración das posibilidades rítmicas da imaxe. A súa interesante obra audiovisual nunca fora posta baixo o foco dunha retrospectiva.
Cada unha destas actividades terá á venda dende as 10:00 horas deste xoves 3 de maio, cen entradas a través da tenda online do festival, a un prezo de 5 euros no caso de Kevin Weatherill e a 3 euros no de Pantis. A estrea da longametraxe Sevilla y Gomorra de Ángel Filgueira tamén terá lugar no Invernadoiro de Mucha do Peso e a entrada costará 3 euros. Súmanse así aos últimos packs de lanzamento dispoñibles para a Sección Oficial de Ficción e Animación, que rematan o seu prazo de venda este venres 4 de maio e aumentarán de prezo nas seguintes semanas.
Estas propostas que xuntan música e cinema conformarán a programación do Invernadoiro, un espazo perfecto para as actividades multidisciplinares. O público poderá escoitar os concertos co Monte Castelo de fondo, baixo os vellos ferros que nos anos 80 cubrían un cultivo de caraveis, e as proxeccións terán lugar no jalpón anexo no que o seu propietario Juan traballaba como carpinteiro. O Invernadoiro de Mucha do Peso releva así dentro do Festival ao histórico Jaliñeiro, aumentando o aforo dispoñible e mellorando o acceso para o público e as condicións de proxección.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL