A Feira do Libro regresa renovada ao Rosal tras tres anos sen poder celebrarse por mor da pandemia. Será un evento que se celebrará durante todo o domingo 23 de abril na Praza do Calvario no que literatura e lecer camiñarán da man a través dun completo programa de actividades, entre as que se atopan o Mercado do libro de segunda man, espectáculos infantís, actuacións musicais ou unha exposición de recomendacións lectoras.
O Mercado do libro de segunda man dará o pistoletazo de saída á xornada ás 12:00 horas coa apertura de postos que estarán rexentados por sete asociacións rosaleiras: Agrupación Musical do Rosal, Asociación Ghorghalado, Asociación de Maiores, San Xerome Emiliani, a ANPA do CRA María Zambrano, Ecos do Folón e Conrazones. Todas elas levarán un amplo catálogo de títulos recollidos dos fondos das propias asociacións ou a través dos seus socios e socias para achegar ao público. “O obxectivo é que os libros non queden gardados nun andel, senón que teñan unha segunda vida e que sexan accesibles para todas as persoas”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Xunto con estes stands, durante toda a xornada tamén haberá un posto da florería Augaluz para dar presenza ás flores e plantas e “promover que rosaleiros e rosaleiras celebremos o Día do Libro agasallándonos os uns aos outros con libros e flores”.
O programa de actividades comezará pola mañá ás 13:00 horas coas súas ‘Narracións imprevistas. Literatura repentina’ de Santi Prego e Jorge Arcos, un espectáculo para toda a familia co que tentarán parar o mundo a través das súas historias improvisadas.
Xa pola tarde, ás 18:00 horas será a quenda de @s Jaloch@s e o seu ‘Ritmando’, un espectáculo musical no que nenos e nenas xogarán coa música e a palabra a través dun concerto participativo no que os xogos baseados no ritmo, na percusión corporal, no baile, na escritura creativa e na lingua de signos serán os protagonistas. A xornada rematará co concerto ás 19:30 horas do cantautor Luis Pastor, un referente na música de autor española dende os anos 70.
O programa de actividades completarase coa exposición de recomendacións lectoras do alumnado do CRA María Zambrano, unha mostra na que o público poderá gozar dos podcast creados polos propios nenos e nenas a través dun código QR.
En caso de choiva os postos do Mercado do libro de segunda man e as actuacións infantís trasladaranse aos baixos do Concello, mentres que a actuación de Luis Pastor mudará para o auditorio municipal.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL